Ciconiformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ciconiformes
Remove ads

As ciconiformes (Ciconiiformes) son unha orde de aves que, tradicionalmente, incluíu unha variedade de aves grandes, pernilongas, coas ás moi grandes, como as cegoñas, garzas, garcetas, os ibis, etc., pero actualmente inclúe só as cegoñas (Ciconiidae). As Ciconiformes son coñecidas dende o Eoceno tardío. Inclúe 116 especies.[1]

Máis información Ciconiiformes, Clasificación científica ...
Remove ads

Conduta

Certamente unha das razóns que chama a atención das Ciconiiformes é o seu senlleiro xeito de moverse. Ese estilo especial de movemento, percibido coma "elegante" ou "comicamente zoupón", acentúase nos rituais condutuais comúns no grupo.

Algunhas Ciconiiformes non emiten canto algún, e a vocalización na maioría das especies é bastante limitada. Así, os rituais e despregaduras son os medios primarios de comunicación. Estas condutas parecen ser case completamente determinada xeneticamente. De feito, un estudo que analizou as condutas e rituais de cegoñas como se fosen caracteres anatómicos e reconstruíron unha árbore taxonómica case idéntica á árbore que se construíu polos caracteres anatómicos e bioquímicos. Os rituais asociáronse coa selección de compañeiro inicial, o macho "anunciando" o sitio do niño e a expresión da femia de interese nos bens raíces do macho.

Remove ads

Taxonomía

A taxonomía das ciconiformes é controvertida. Segundo Clements,[1] inclúe as seguintes familias:

O concepto de ciconiformes é, para outros autores, moi distinto:[2]

A clasificación de Sibley-Ahlquist é totalmente diferente das anteriores.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads