Citharichthys
xénero de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Citharichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]
Apareceron no rexistro fósil no mioceno tardío.[2]
Remove ads
Etimoloxía
O nome científico Citharichthys está formadoormado pola unión dos termos do grego antigo κιθάρα kithára, que significa "cítara", e ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes con forma de cítara".
Descrición
Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen ambos os ollos no lado esquerdo da cabeza. Son demersais, e a maioría das especies son mariñas, que habitan a profundidades relativamente baixas, pero o xénero tamén inclúe especies que se encontran en augas profundas (até polo menos os 2.000 m), e outras que entran en cursos de auga doce.[3]
A maior das especies do xénero é Citharichthys sordidus, do Pacífico, de cor parda clara salferido con manchas máis escuras, mesmo negras, e ás veces amarelas ou alaranxadas, que pode alcanzar os 41 cm de lonxitude.[3]
Remove ads
Distribución
As especies deste xénero son propias dos océanos que bañan as cosatas das Américas, cunha soa especie, C. stampflii, o rapapelos liso,[4] que vive na costa occidental africana.[3]
Especies
O xénero foi fundado en 1862 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]
Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes 24 especies:[1][3]
- Citharichthys abbotti C. E. Dawson, 1969
- Citharichthys amblybregmatus Gutherz & Blackman, 1970
- Citharichthys arctifrons Goode, 1880
- Citharichthys arenaceus Evermann & M. C. Marsh, 1900
- Citharichthys cornutus (Günther, 1880)
- Citharichthys darwini Victor & Wellington, 2013
- Citharichthys dinoceros Goode & T. H. Bean, 1886
- Citharichthys fragilis C. H. Gilbert, 1890
- Citharichthys gilberti O. P. Jenkins & Evermann, 1889
- Citharichthys gnathus Hoshino & Amaoka, 1999
- Citharichthys gordae Beebe & Tee-Van, 1938
- Citharichthys gymnorhinus Gutherz & Blackman, 1970
- Citharichthys macrops Dresel, 1885
- Citharichthys mariajorisae van der Heiden & Mussot-Pérez, 1995
- Citharichthys minutus Cervigón, 1982
- Citharichthys platophrys C. H. Gilbert, 1891
- Citharichthys sordidus (Girard, 1854)
- Citharichthys spilopterus Günther, 1862
- Citharichthys stampflii (Steindachner, 1894)
- Citharichthys stigmaeus D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882
- Citharichthys surinamensis (Bloch & J. G. Schneider, 1801)
- Citharichthys uhleri D. S. Jorda], 1889
- Citharichthys valdezi Cervigón, 1986
- Citharichthys xanthostigma C. H. Gilbert, 1890
Galería de imaxes
- Citharichthys arctifrons
- Citharichthys macrops
- Citharichthys spilopterus
- Citharichthys stigmaeus
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads