Paralictíidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos paralictíidos (Paralichthyidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos.[1]
Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[2]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno, durante o terciario superior.[3]
Varias das súas especies teñen certa importancia pesqueira, tanto para a pesca comercial coma a deportiva.
Remove ads
Etimoloxía
O nome da familia, Paralichthyidae, está formado sobre a base do xénero tipo, Paralichthys, coa desinencia do latín científico ´-idae, empregada para formar os nomes das familias de animais.
O nome Paralichthys, pola súa parte, está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e " costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literalmente: "os peixes que viven na beira do mar".
Remove ads
Características
- Morfoloxía
- Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen os dous ollos no lado esquerdo da cabeza.
- Non teñen raios espiñentos nin nas aletas pectorais nin nas pelvianas.
- A base das aletas pelviana é curta e case simétrica.[2]
- Reprodución
A desova prodúcese con abandono da posta dos ovos, os cales teñen na xema un único glóbulo de aceite.[2]
Taxonomía
Segundo o WoRMS, a familia foi establecida en 1810 polo ictiólogo inglés Charles Tate Regan en "The origin and evolution of the teleostean fishes of the order Heterosomata", Annals and Magazine of Natural History 8: 484-496. Porén, outros autores atribúenlle a súa autoría, en 1937 ao francés Paul Chabanaud.[Cómpre referencia]
Na actualidade recoñécense n a familia os seguintes xéneros.[1][2]
- Ancylopsetta (Gill, 1864)
- Cephalopsetta (Dutt & Rao, 1965)
- Citharichthys (Bleeker, 1862)
- Cyclopsetta (Gill 1889)
- Etropus (Jordan & Gilbert, 1882)
- Gastropsetta (Bean 1895)
- Hippoglossina (Steindachner, 1876)
- Paralichthys (Girard, 1858)
- Pseudorhombus (Bleeker, 1862)
- Syacium (Ranzani, 1842)
- Tarphops (Jordan & Thompson, 1914)
- Tephrinectes (Günther, 1862)
- Thysanopsetta (Günther, 1880)
- Xystreurys (Jordan & Gilbert, 1880)
Galería de imaxes
- Ancylopsetta dilecta
- Ancylopsetta dilecta
- Citharichthys spilopterus
- Citharichthys arctifrons
- Cyclopsetta fimbriata
- Etropus rimosus
- Etropus microstomus
- Syacium papillosum
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads