Cloruro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un cloruro é un composto ou molécula que contén ou ben un ión de cloro (Cl
), que é un átomo de cloro con carga negativa, ou ben un átomo de cloro non cargado enlazado covalentemente ao resto da molécula por un enlace simple (−Cl). Moitos cloruros inorgánicos son sales. Moitos compostos orgánicos son cloruros.

Datos rápidos Anión cloruro, Identificadores ...

O ión cloro é un anión (ión cargado negativamente) coa carga Cl. Os sales de cloruro, como o cloruro de sodio, adoitan ser solubles en auga.[3] É un electrólito esencial localizado en todos os fluídos corporais que intervén en manter o equilibrio ácido/base, transmitir o impulso nervioso e regular o fluxo de líquidos que entran e saen das células. Outros exemplos de cloruros iónicos, ademais do cloruro de sodio NaCl, son o cloruro de calcio CaCl
2
, o cloruro de potasio KCl, e o cloruro de amonio [NH
4
]Cl
.

Denomínase tamén cloruro a un átomo de cloro neutro que está unido por enlace covalente simple ao resto da molécula da que forma parte. Por exemplo, o cloruro de metilo CH
3
Cl
é un composto orgánico cun enlace covalente C−Cl no cal o cloro non é un anión. Outros exemplos de cloruros covalentes son o tetracloruro de carbono CCl
4
, o cloruro de sulfurilo SO
2
Cl
2
e a monocloramina NH
2
Cl
.

Remove ads

Propiedades electrónicas

Un ión cloruro (diámetro 167 pm) é moito maior que un átomo de cloro (diámeto 99 pm). A forza de retención do átomo de cloro dos orbitais de valencia é máis débil porque o anión cloruro ten un electrón máis do que ten o átomo neutro.[4] O ión é incoloro e diamagnético. En solución acuosa, é altamente soluble na maioría dos casos; porén, algúns sales de cloruro, como o cloruro de prata, cloruro de chumbo(II) e cloruro de mercurio(I) son só lixeiramente solubles en auga.[5] En solución acuosa, o cloruro está enlazado polo extremo prótico das moléculas de auga (os H da auga).

Remove ads

Reaccións dos cloruros

O cloruro pode ser oxidado, mais non reducido. A primeira oxidación, como a empregada no proceso clor-álcali, é a conversión a gas cloro. O cloro pode ser oxidado ulteriormente a outros óxidos e oxianións, como o hipoclorito (ClO, o axente activo da lixivia de cloro), dióxido de cloro (ClO2), clorato (ClO
3
) e perclorato (ClO
4
).

En canto ás súas propiedades ácido-básicas, o cloruro é unha base débil, como indica o valor negativo do pKa do ácido clorhídrico. O cloruro pode ser protonado por ácidos fortes, como o ácido sulfúrico:

NaCl + H2SO4 → NaHSO4 + HCl

Os sales de cloruro iónicos reaccionan con outros sales para intercambiar anións. A presenza de ións haluro como o cloruro pode detectarse usando nitrato de prata. Unha solución que contén ións cloruro producirá un precipitado branco de cloruro de prata:[6]

Cl + Ag+ → AgCl

A concentración de cloruro nun ensaio pode determinarse usando un cloridómetro, o cal detecta os ións de prata unha vez que todo o cloruro no ensaio precipitou por mor desta reacción.

Os eléctrodos de prata clorada utilízanse habitualmente en electrofisioloxía ex vivo.[7]

Remove ads

Outros oxianións

O cloro pode estar nos estados de oxidación −1, +1, +3, +5 ou +7. Coñécense varios óxidos de cloro neutros.

Máis información Estado de oxidación do cloro, Nome ...

Distribución na natureza

Na natureza os cloruros atópanse principalmente na auga de mar, a cal ten unha concentración de ión cloruro de 19400 mg/L.[8] Menores cantidades en total, aínda que a maiores concentracións, hainas en certos mares interiores ou lagos e en pozos de auga salgada subterránea, como o Gran Lago Salgado de Utah ou o Mar Morto de Palestina.[9] A maioría dos sales de cloruros son solubles en auga, de maneira que os minerais que conteñen cloruros normalmente só se encontran en abundancia nos climas secos ou nas profundidades da codia terrestre, como os depósitos de sal xema. Algúns minerais que conteñen minerais cloruros son a halita (cloruro de sodio NaCl), silvina (cloruro de potasio KCl), bischofita (MgCl2∙6H2O), carnalita (KCl∙MgCl2∙6H2O) e cainita (KCl∙MgSO4∙3H2O). Tamén se atopan en minerais evaporíticos como a clorapatita e a sodalita.

Función biolóxicas

Os cloruros teñen unha grande importancia fisiolóxica,[10] xa que interveñen na regulación da presión osmótica, balance electrolítico e a homeostase ácido-básica. Os cloruros están presentes en todos os fluídos corporais,[11] e é o anión extracelular máis abundante extracellular, que determina arredor dun terzo da tonicidade do fluído extracelular.[12][13]

O clururo é un electrólito esencial, que xoga un papel clave no mantemento da homeostase celular e na transmisión de potenciais de acción nas neuronas.[14] Pode fluír polas canles de cloruro (como o receptor GABAA receptor) e é transportado polos transportadores KCC2 e NKCC2.

O cloruro adoita estar (aínda que non sempre) a unha concentración extracelular maior, o que causa que teña un potencial de inversión negativo (de arredor de −61 mV a 37 °C nunha célula de mamífero).[15] Concentracións características do cloruro en organismos modelo: tanto en Escherichia coli coma no lévedo de xemación son de 10–200 mM (dependente do medio), en células de mamífero 5–100 mM e no plasma sanguíneo 100 mM.[16]

A concentración de cloruro no sangue denomínase cloruro sérico, e esta concentración é regulada polos riles. Un ión cloruro é un compoñente estrutural dalgunhas proteínas; por exemplo, está presente no encima amilase. Debido a estas funcións, o cloruro é un dos minerais da dieta esenciais (que nas listas aparece co nome do seu elemento, cloro). Os niveis de cloruro do soro sanguíneo están regulados principalmente polos riles por medio dunha variedade de transportadores que se presentan ao longo do nefrón.[17] A maioría do cloruro, que se filtra nos glomérulos, reabsórbese polos túbulos proximal e distal do nefrón (maiormente polo proximal) tanto por transporte activo coma pasivo.[18]

Corrosión

Thumb
A estrutura do cloruro de sodio revela a tendencia dos ións cloruro (esferas verdes) a ligarse a varios catións.

A presenza de cloruros, como ocore na auga do mar, aumenta significativamente as condicións favorables á corrosión alveolar da maioría dos metais (incluíndo o aceiro inoxidable, aluminio e materiais de alta aliaxe). A corrosión inducida polos cloruros no aceiro do formigón orixina a degradación local da forma de óxido protector no formigón alcalino, de maneira que pode ter lugar un sucesivo ataque corrosivo.[19]

Riscos medioambientais

O incremento das concentracións de cloruro pode causar varios efectos ecolóxicos en ambientes acuáticos ou terrestres. Pode contribuír á acidificación de correntes de auga, mobilizar metais do solo radioactivos por intercambio iónico, afectar a mortalidade e reprodución de plantas e animais acuáticos, promover a invasión de organismos de auga salgada en ambientes antes de auga doce, e interferir coa mestura natural en lagos. O cloruro de sodio tamén cambia a composición das especies microbianas a concentracións relativamente baixas. Tamén pode dificultar o proceso de desnitrificación, un proceso microbiano esencial para a eliminación do nitrato e a conservación da calidade da auga, e inhibe a nitrificación e respiración de materia orgánica.[20]

Remove ads

Produción

A industria do clor-alcali é un importante consumidor do orzamento enerxético mundial. Este proceso converte as solucións de cloruro de sodio concentradas en cloro e hidróxido de sodio, que se utilizan para facer moitos outros materiais e compostos químicos. O proceso implica dúas reaccións paralelas:

2 ClCl
2
+ 2 e
2 H
2
O
+ 2 e → H2 + 2 OH
Thumb
Célula de membrana básica usada na electrólise da salmoira. No ánodo (A), o cloruro (Cl) oxídase a cloro. A membrana selectiva aos ións (B) permite que o contraión Na+ flúa libremente a través dela, pero impide que os anións como o hidróxido (OH) e o cloruro difundan a través. No cátodo (C), a auga redúcese a hidróxido e gas hidróxeno.
Remove ads

Exemplos e usos

Un exemplo é o sal de mesa, que é o cloruro de sodio coa fórmula química NaCl. Na auga, disóciase nos ións Na+ e Cl. Os sales como o cloruro de calcio, o cloruro de magnesio, o cloruro de potasio teñen usos variados que van desde tratamentos médicos á formación do cemento.[3]

O cloruro de calcio (CaCl2) é un sal que se comecializa en forma de gránulos (pellets) para eliminar a humidade de habitacións. Tamén se utiliza para o mantemento de estradas non pavimentadas e para fortalecer as bases dos firmes das estradas para novas construcións. Ademais, o cloruro de calcio utilízase moito para eliminar o xeo, xa que é efectivo baixando o punto de fusión cando se aplica ao xeo.[21]

Exemplos de cloruros enlazados covalentemente son o tricoloruro de fósforo, o pentacloruro de fósforo e o cloruro de tionilo, todos os cales son axentes clorantes reactivos que se utilizaron en laboratorio.

Calidade e procesamento da auga

Unha notable aplicación dos cloruros é a desalinización, a cal consiste na eliminación con gran gasto de enerxía de sales de cloruro para obter auga potable. Na industria do petróleo, os cloruros son un constituínte coidadosamente monitorizado do sistema de lodos para a perforación. Un incremento de cloruros no sistema de lodos pode ser unha indicación de que se está perforando nunha formación con auga salgada a alta presión. O seu incremento pode tamén indicar a mala calidade das areas sondadas.[Cómpre referencia]

O cloruro é tamén un indicador químico útil e fiable da contaminación fecal en ríos e augas subteráneas, xa que o cloruro é un soluto non reactivo e é ubicuo en augas residuais e potables. Moitas compañías reguladoras da auga de todo o mundo utilizan o cloruro para comprobar os niveis de contaminación dos ríos e fontes de auga potable.[22]

Alimentos

Os sales cloruros, como o cloruro de sodio, utilízanse como nutriente, condimento ou para a conservación da comida.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads