Clostridium pasteurianum

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Clostridium pasteurianum (anteriormente chamada Clostridium pastorianum) é unha especie de bacteria descuberta en 1890 polo microbiólogo ruso Sergei Winogradsky. Foi o primeiro microorganismo de vida libre (non simbiótico) descuberto que podía fixar o nitróxeno libre do aire.[4]

Máis información Clasificación científica, Sinonimia ...

Clostridium pasteurianum é un produtor de ácidos carboxílicos.[5] Ten a capacidade de converter carbohidratos a butirato, acetato, dióxido de carbono e hidróxeno molecular por medio da fermentación. Igual que Clostridium acetobutylicum, Clostridium pasteurianum tamén ten a capacidade de cambiar da produción de ácido á de substancias que se usan industrialmente como disolventes en certas condicións, Realizáronse varios intentos de documentar as súas condicións de crecemento; porén, aínda non está claro se os parámetros de crecemento que se sabe orixinan unha produción de disolventes favorable en C. acetobutylicum xogan un papel significativo na regulación do metabolismo de C. pasteurianum de xeito similar. Produce a alteración gasosa de froitas doces enlatadas e tomates e non se desenvolve a un pH inferior a 3,7.[6]

C. pasteurianum é un organismo mesófilo.[7]

Remove ads

Taxonomía

Inicialmente recibiu o nome de Clostridium pastorianum dado por Winogradsky, pero posteriormente foi cambiado á súa ortografía actual.[4]

Morfoloxía

Clostridium pasteurianum é unha bacteria grampositiva grande con forma de bacilo e formadora de esporas. É unha bacteria do solo e un anaerobio obrigado.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads