Coco (filme de 2017)
filme de 2017 dirixido por Lee Unkrich From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Coco é un filme estadounidense de 2017 producida por Pixar Animation Studios e distribuída por Walt Disney Pictures.[1] Baséase nunha idea orixinal de Lee Unkrich, e foi dirixida polo propio Unkrich e codirixida por Adrian Molina.[2] Conta a historia dun neno de 12 anos chamado Miguel Rivera que é transportado sen querer á terra dos mortos, onde busca a axuda do seu tataravó, un afamado músico, para regresar entre os vivos xunto á súa familia.
O concepto de Coco baséase na festividade mexicana do día dos mortos. Foi escrito por Molina e Matthew Aldrich a partir dunha historia de Unkrich, Jason Katz, Aldrich e Molina. Pixar comezou a desenvolver a animación en 2016; Unkrich e algúns membros de equipo visitaron México para inspirarse. Composer Michael Giacchino, que xa traballara noutros filmes animados de Pixar, compuxo a banda snora. As voces do filme inclúen as de Anthony Gonzalez, Gael García Bernal, Benjamin Bratt, Alanna Ubach, Renée Victor, Ana Ofelia Murguía e Edward James Olmos. Coco é o primeiro filme cun orzamento de nove cifras e un elenco composto completamente de latinos, cun custo de $175–200 millóns.[3]
Coco estreouse o 20 de outubro de 2017, durante o Festival Internacional de Cinema de Morelia en Morelia, México.[4] Foi estreado nos cinemas de México a semana seguinte, a semana antes do Día dos Mortos, e converteuse no filme con maior recadación de tódolos tempos no país.[5][6][7][8] Foi estreado nos Estados Unidos o 22 de novembro de 2017, e recadou preto de $745 millóns en todo o mundo. Recibiu a aclamación da crítica pola súa animación, interpretación vocal, música, historia e repecto pola cultura mexicana. Foi escollido polo National Board of Review como o mellor filme de animación de 2017,[9] e gañou numerosos premios; gañou o Oscar ó mellor filme de animación e á mellor canción orixinal ("Remember Me"), así como o BAFTA, un Globo de Ouro, o Critic's Choice Movie Award e o Annie Award.[10]
Remove ads
Personaxes
- Anthony Gonzalez como Miguel Rivera
- Gael García Bernal como Héctor Rivera,
- Benjamin Bratt como Ernesto de la Cruz
- Alanna Ubach como Mamá Imelda Rivera
- Renée Victor como Elena Rivera
- Ana Ofelia Murguía como Mamá Socorro "Coco" Rivera
- Edward James Olmos como Chicharrón
- Alfonso Arau como Papá Julio Rivera
- Selene Luna como Tía Rosita Rivera
- Dyana Ortellí como Tía Victoria Rivera
- Herbert Sigüenza como Tío Oscar e Felipe Rivera
- Jaime Camil como Papá Enrique Rivera
- Sofía Espinosa como Mamá Luisa Rivera
- Luis Valdez como Tío Berto Rivera
- Polo Rojas como Abel Rivera
- Montse Hernández como Rosa Rivera
- Lombardo Boyar como Mariachi
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads