Columnata
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Na arquitectura clásica, unha columnata[1] é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.



A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.
Remove ads
Casos particulares
- Cando unha columnata se encontra diante dun edificio protexendo a súa porta principal, chámase pórtico;
- Cando a columnata pecha un espazo aberto, como en San Pedro, denomínase perístilo. Os perístilos son típicos das arquitecturas do antigo Exipto, da antiga Grecia e da antiga Roma.
Xa no templos do antigo Exipto había filas de columnas, especialmente como elementos de sostemento das naves e delimitando o perímetro dos patios. Na antiga Grecia, e até o período helenístico, os templos, as prazas e os mercados a miúdo estaban delimitados por fileiras de columnas. A columnata romana converteuse nun elemento típico da fase madura da súa arquitectura, e a columnata con superposición de arcos converteuse case nunha constante na era cristiá.[2]
Remove ads
Columnatas famosas
- Antiga columnata en Baalbeck, Líbano
- O Palácio da Alvorada (Brasilia), de Oscar Niemeyer, mostra unha interpretación moderna da columnata clásica
- Comunnatas no patio interior do Palacio de Carlos V na Alhambra de Granada
- Catedral de Kazán, San Petersburgo
- Columnata do Louvre, ou de Perrault (fachada oriental do Palacio do Louvre, deseñada por Claude Perrault)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads