Comarca da Terra Chá

comarca da provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Comarca da Terra Chá
Remove ads

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1823,02 km².[1] No ano 2020 tiña 39.702 habitantes.[2] A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Datos rápidos Localización, Capital ...

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Remove ads

Demografía

Máis información Padrón municipal 2020, 39 702 habitantes ...

Cultura

O poeta Manuel María adicoulle á comarca o poemario Terra Chá, onde fala das súas terras e as súas xentes:

A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads