Begonte
concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O xentilicio é begontés[1] ou begontino.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Begonte.
Remove ads
Xeografía
O Concello de Begonte abrangue 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
Begonte te unha zona do seu territorio formando parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.[2][3]
Demografía

| Evolución da poboación de Begonte Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 6541 | 6335 | 6963 | 4753 | 3682 | 3475 | 3379 | 3322 | 3231 | 3179 | 3160 | 3115 | 3071 | 3037 | 3026 | 2978 | 2976 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Historia
Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentenza familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela. En 1773 inaugurouse a estrada Madrid-A Coruña en 1773 en substitución do antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.
A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando como testemuña o topónimo de Francés na parroquia de Carral[Cómpre referencia].
O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.
O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) pasou a ter un goberno autónomo como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.
Remove ads
Cultura
Toponimia
O topónimo Begonte procede (pasando por unha disimilación) dun antropónimo xermánico na locución (Villa) Vocontii ou Bogontii.[4] Aparece mencionado como Boconti nuns documentos de 966 e 971, e como Bogunti en 1187.
Patrimonio
- Patrimonio arqueolóxico
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.
- Casa Museo de Víctor Corral
- "Rapaza labrega" (Víctor Corral)
- Estrada N-VI ao seu paso pola vila
- Igrexa de San Pedro de Begonte
- Vista de Begonte
- Belén electrónico
- Placa altimétrica do concello.
Parroquias
Remove ads
Lugares de Begonte
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

