Muras

concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Murasmap
Remove ads

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos como Ferrol, A Coruña ou Lugo.

Historia

Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.

O municipio constituíuse como tal en 1835, e estivo integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado no de Vilalba.

En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).

Remove ads

Patrimonio

A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non forma parte no conxunto.

A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.

En 1983 atopouse en Muras un achado de moedas de prata de Pedro I de Castela (1350-1369), que foron depositadas no Museo Provincial de Lugo e no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, da Coruña.[1][2]

Poboación

Máis información Censo total, 636 (2018) ...
Evolución da poboación de Muras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.272 3.085 3.129 2.228 978 830 784 754 723 696 684 668
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Economía

A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, nos que destacan as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.

Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.

Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.

Remove ads

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.

Lugares de Muras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Muras

Ambosores (Santa María) | A Balsa (Santa María) | O Burgo (Santa María) | Irixoa (San Xillao) | Muras (San Pedro) | Silán (Santo Estevo) | O Sisto (Santa María) | O Viveiró (Santa María)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads