Composto cuaternario

From Wikipedia, the free encyclopedia

Composto cuaternario
Remove ads

En química, un composto cuaternario é un catión que consiste nun átomo central cargado positivamente con catro substituíntes, especialmente grupos orgánicos (alquilo e arilo), excepto átomos de hidróxeno.[1]

Thumb
Catión de amonio cuaternario. O R' pode ser o mesmo grupo ou diferentes grupos. Poden tamén estar conectados ciclicamente.

Os compostos cuaternarios mellor coñecidos son os sales de amonio cuaternario, que teñen un átomo de nitróxeno no centro.[2] Por exemplo, na seguinte reacción, o átomo de nitróxeno dise que está cuaternizado, xa que pasou de 3 a 4 substituíntes:

Outros exemplos son os sales de fosfonio substituídos (R4P+), os sales de arsonio substituídos (R4As+) como a arsenobetaína, e tamén algúns supercondutores que conteñen arsénico.[3] Tamén se describiron sales de estibonio substituídos (R4Sb+)[4] e sales de bismutonio substituídos (R4Bi+).[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads