Connew
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Connew Racing Team, coñecida como Connew, foi un efémero construtor británico de Fórmula 1. Fundado en 1971 por Peter Connew, o equipo construíu un só coche, o PC1, coa intención de competir no Campionato Mundial de Fórmula Un de 1972. A falta de recursos financeiros e técnicos resultou que o coche só puido iniciar unha carreira do campionato, o Gran Premio de Austria de 1972, co piloto francés François Migault ao volante. Logo da carreira de Austria, o coche competiu nalgunhas carreiras fóra de campionato antes de ser convertido para cumprir cas especificacións da Fórmula 5000 para a tempada 1973. O chasis foi danado sen posibilidade de reparación durante a pechadura de campaña en Brands Hatch e o equipo liquidouse.
Remove ads
Historia
Á idade de 24 anos, un amigo preguntoulle a Peter Connew si quería asistir ó Gran Premio de Italia en Monza. O xefe de Connew negouse a darlle tempo libre para asistir á carreira, así que renunciou e viaxou á carreira de todos os xeitos[1] ao regresar Connew buscou emprego e foi contratado por Surtees, un equipo de Fórmula 1 dirixido polo ex campión John Surtees, como proxectista.
1972: Fórmula Un
Logo dunha discusión co director do equipo John Surtees, Connew deixou o equipo para deseñar o seu propio coche. Alugou un garaxe dunha casa en Chadwell Heath e comezou a construción dun prototipo de chasis en decembro de 1970. A Connew axudouno Roger Douran, que traballaba como montador e o curmán de Connew Barry Boor.[1][2]
A filosofía de deseño de Connew era que, o coche non só debe ser eficiente, senón que tamén debe ser fácil de traballar e manter. O deseño de Connew foi probado e refinado mediante a utilización dun túnel de vento dunha escola técnica local. Durante a construción, os pilotos Tony Trimmer, Howden Ganley e Gerry Birrell viñeron ver o coche, Trimmer afirmou que era un dos coches máis cómodos nos que se sentara.
O equipo tiña previsto facer o seu debut na competición en Mónaco, pero un repentino cambio de regras requiriu a construción doutro chasis nun tipo diferente de aluminio. Connew fixo un trato con McLaren para comprar un motor Cosworth DFV de segunda man. O francés François Migault asinou un contrato para pilotar para o equipo e tamén proporcionou un camión Ford, que levou o coche a Francia. O camión rompeuse antes de que puidese chegar ao Circuíto de Charade, a sede do Gran Premio de Francia e no seu lugar o equipo fixo un test no Circuíto Bugatti en Le Mans.
O pequeno equipo logrou presentarse no Gran Premio de Alemaña de 1972, pero sen facer unha entrada previa adecuada , a participación foi negada polos alemáns.
O coche, finalmente, participou na práctica do Gran Premio do Reino Unido de 1972, pero retirouse antes da carreira. O coche tiña unha suspensión traseira infrecuente que resultou non estar á altura, e o coche era demasiado lento.
O coche modificouse e participou no Gran Premio de Austria de 1972. Migault cualificado ao final da grella malia algúns problemas de motor. Logo de 22 voltas, Migault pasara 4 competidores, a suspensión rompeu e Migault pasou un momento desagradable. O coche desviouse cara ás barreiras na recta principal, pero o piloto detivo o coche nun punto seguro e sen danos.
O Connew reapareceu ao final da tempada do Campionato Mundial na carreira non de campionato Victory Race en Brands Hatch pilotado por David Purley, pero non puido saír debido a problemas eléctricos.
1973 : Fórmula 5000
O coche foi modificado para cumprir cas normas da Fórmula 5000 e apareceu no campionato británico en 1973, equipado cun motor V8 Chevrolet[3] o coche fixo a súa primeira aparición na serie en Mallory Park. O piloto suízo Pierre Soukry clasificou o coche no vixésimo primeiro lugar, pero non puido saír debido a unha rotura na tubaxe de aceite.[4] Tres carreiras máis tarde, o Connew non puido clasificarse en Brands Hatch, con Soukry ao volante.[5] A última aparición do coche foi no final de tempada, de novo en Brands Hatch . Pilotaba Tony Trimmer pero unha colisión cunha barreira deixou o chasis sen posibilidade de reparación.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida[6].
Resultados en carreiras non de Campionato
Fórmula 5000
Campionato Británico de Fórmula 5000[9]
(Chave)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads