Constanza

cidade de Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia

Constanzamap
Remove ads

Constanza[1] (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads
Remove ads

Localización

Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.

Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.

Remove ads

Subdivisións

Thumb
Subdivisións

Constanza está dividida en quince distritos:

  • Altstadt
  • Paradies
  • Petershausen-West
  • Allmansdorf
  • Egg
  • Fürstenberg
  • Industriegebiet
  • Königsbau
  • Petershausen-Ost
  • Staad
  • Wollmatingen
  • Dingelsdorf
  • Litzelstetten
  • Dettingen
  • Wallhausen

Historia

De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.

A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.

Economía

O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.

Transporte

Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara ao oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara ao sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zürich, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.

Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads