Cosmic Psychos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cosmic Psychos é unha banda australiana de punk rock fundada no ano 1982 como Spring Plains. A primaira formación estable do grupo incluía a Ross Knight no baixo, guitarra e voces, a Peter Jones na guitarra, e a Bill Walsh na batería. O historiador da música rock australiano, Ian McFarlane, describiu a súa música como "unha especie de punk noise artístico, nalgún lugar entre The Birthday Party e uns Ramones que soan máis narcóticos".[1]
A finais de 1984 o grupo foi renomeado como Cosmic Psychos e publicou o seu traballo de estrea, o EP Down on the Farm, en decembro de 1985. A este seguíronlle varios álbums que foron promocionados por xiras nacionais e internacionais por Europa e América do Norte, incluíndo festivais con Mudhoney, Nirvana, L7, Helmet e Motörhead.
En 1990 Jones foi substituído por Robbie Watts á guitarra. En 2005 Walsh foi substituído por Dean Muller (Hoss, Chris Russell's Chicken Walk) na batería. O 1 de xullo de 2006 Watts morreu dun ataque cardíaco aos 47 anos e a banda continuou uníndose a eles John McKeering (ex The Onyas).
Remove ads
Discografía
Álbums
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads