L7

From Wikipedia, the free encyclopedia

L7
Remove ads

L7 é unha banda californiana de grunge e punk rock formada no ano 1985 e activa ata o ano 2001. O grupo foi reformado en 2014.[1] A súa formación actual, e tamén a máis estable, consiste en Suzi Gardner (voces, guitarra), Donita Sparks (voces, guitarra), Dee Plakas (batería, voces) e Jennifer Finch (baixo, voces). L7 leva publicados sete álbums de estudio e xirou extensamente polos Estados Unidos, Europa, o Xapón, Australia e América do Sur. A súa canción "Pretend We're Dead" foi top 10 na lista Billboard Modern Rock en 1992.[2]

Datos rápidos Obra, Datas ...

Recoñecida por ser á vez subersiva e estar cargada de humor,[3][4] L7 é famosa polos seus animados concertos con actuacións físicas e feroces.[5][6] Debido ao seu son e a súa imaxe, L7 adoita a asociarse co movemento grunge de finais dos 80 e principios dos 90.[7] Como unha banda composta só por mulleres, L7 formou parte do Rock for Choice en 1991 e estivo, por momentos, tamén unida ao movemento riot grrrl, aínda que precederon e son casos á parte tanto no grunge como no riot grrrl.[8] O nome da banda deriva dun termo de argot para cadrado, e foi elixido a propósito como un símbolo neutral de xénero.[9] Un documental sobre a banda, L7: Pretend We're Dead, foi estreado no ano 2016.[10][11]

Remove ads

Historia

A idea de formar a banda xurdiu en 1985 cando Suzi Gardner coñeceu a Donita Sparks nos Ánxeles. En 1986, despois de moitos ensaios, a idea da banda fíxose máis seria cando Jennifer Finch (que vivía en San Francisco) se converteu na baixista da recentemente formada L7. A partir de aí a banda pasou a facer varios concertos en clubs da cidade, con Suzi e Donita nas voces e guitarras, Jennifer no baixo e o batería Roy Koutsky completando a formación.

Non pasou moito tempo ata conseguir un contrato, que acabou sendo asinado con Epitaph para o lanzamento do seu primeiro disco. O álbum, titulado L7, foi lanzado en 1988 coa produción de Brett Gurewitz, e a banda embarcouse na súa primeira xira nacional, sendo a abreconcertos de Bad Religion.

Despois dun tempo cambiando de baterías, en 1988 Demetra "Dee" Plakas xuntouse á banda. Xa en 1989 L7 asinou coa Sub Pop e fixo a súa segunda xira nacional, desta vez ao lado da banda Catt Butt. O primeiro lanzamento con Sub Pop tivo lugar en 1990, o disco Smell the Magic. Despois da súa primeira xira en Europa (abrindo concertos para Nirvana), e de varios concertos nos Estados Unidos, L7 comezou a chamar a atención das grandes discográficas. En 1991 a banda asinou con Slash Records e no ano seguinte foi lanzado Bricks are Heavy. Co novo disco, L7 mostrou que non perdera a súa agresividade e a súa pegada despois de asinar cunha discográfica grande, consolidando o seu estilo e contando cunha produción máis traballada. Brick are Heavy foi producido por Butch Vig.

A repercusión do novo álbum foi extraordinaria, vendendo centenas de millares de copias en todo o mundo, levado principalmente polo éxito de "Pretend We're Dead", a canción máis tranquila e pop do disco, ata hoxe a canción máis coñecida de L7.

O resto de 1992 e 1993 estivo ocupadísimo na carreira da banda, con dúas extensas xiras nos Estados Unidos, outras dúas en Europa (unha delas abrindo para Faith no More), concertos no Xapón e Australia, actuacións en programas como o de David Letterman nos Estados Unidos, e concertos en grandes festivais, como o de Reading en Inglaterra e o Hollywood Rock no Rio en São Paulo.

O cuarto álbum da banda, Hungry for Stink, foi editado en xullo de 1994 durante a súa xira no Lollapalooza, onde compartiron escenario con bandas como The Smashing Pumpkins e The Breeders entre outros.

Finch deixou o grupo durante a gravación do seu seguinte traballo, polo que Sparks e Greta Brinkman tocaron o baixo no quinto álbum de L7, The Beauty Process: Triple Platinum. Despois da gravación Gail Greenwood, (anteriormente na banda Belly) converteríase na baixista do grupo.

O derradeiro álbum da banda, Slap-Happy, foi publicado en 1999. Greenwood posteriormente deixou o grupo e foi substituída por Janis Tanaka, que tocara en Stone Fox. Tanaka porteriormente sería a baixista da cantante Pink, mentres que Greenwood tocaría con Bif Naked.

Porén, en 2001, a banda deixou de xirar, anunciando a través da súa páxina web que estaba en hiato indefinido. Na actualidade L7 está totalmente inactiva. Sparks ten unha carreira en solitario, xunto con Plakas e outras dúas guitarristas na banda Donita Sparks and The Stellar Moments. Finch está traballando nun grupo de punk rock chamado The Shocker.

Remove ads

Discografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads