Cristina Fernández de Kirchner

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cristina Fernández de Kirchner
Remove ads

Cristina Elisabet Fernández de Kirchner (Cristina-fernandez-de-kirchner.ogg pronunciación ), nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires) o 19 de febreiro de 1953, é unha política e avogada[1] arxentina. Foi presidenta da Arxentina dende o 10 de decembro de 2007 até o 9 de decembro de 2015, sendo a única dos presidentes arxentinos que completou oito anos, co mandato continuado máis prolongado despois de Carlos Menem e Juan Domingo Perón.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Foi senadora nacional pola provincia de Buenos Aires con mandato 2017-2023,[2] elixida a través da fronte Unidade Cidadá, e integra o bloque da Fronte para a Vitoria na cámara alta, que preside o senador por Neuquén Marcelo Jorge Fuentes.[3]

Nas eleccións presidenciais de 2019 presentouse xunto co avogado Alberto Fernández como presidente. O 27 de outubro derrotaron ao presidente Mauricio Macri nas eleccións e actualmente é a vicepresidenta da Nación Arxentina dende o 10 de decembro de 2019.

Remove ads

Orixe

Os bisavós de Cristina Fernández de Kirchner, Francisco Fernández do Campo e Isabel Gómez Díaz, eran oriúndos do concello da Fonsagrada, o primeiro da aldea de Arquide e a segunda da aldea de Vilarxubín, ámbalas dúas situadas na parroquia fonsagradina de Santa María de Trobo.[4]

Como consecuencia desta unión, nace Pascasio Fernández Gómez o 27 de febreiro do ano 1862 na aldea de Vilarxubín, o que sería o avó paterno da presidenta da Arxentina.[5]

Máis tarde e para evitar o servizo militar, Pascasio decide emigrar cara á Arxentina e instálase no barrio bonaerense de Villa Urquiza, alí aprenderá o oficio de xastre, mentres espera a súa moza, Amparo Fernández, que chegaría á Arxentina no ano 1923.[6]

Remove ads

Traxectoria

Realizou os seus estudos de avogacía na Universidade Nacional de La Plata,[1] onde coñeceu a Néstor Kirchner en 1974, quen foi o seu compañeiro de militancia e, dende 1975, o seu esposo. O ano seguinte, mudáronse a Río Gallegos onde fundaron o "Estudio Jurídico Kirchner". O matrimonio tivo dous fillos: Máximo (1977), e Florencia (1990).

Mentres exercían a súa profesión, fundaron en 1981 o Ateneo Juan Domingo Perón, unha das varias correntes peronistas da provincia. O seu primeiro cargo electivo obtívoo en 1989 como deputada provincial de Santa Cruz. En 1995, Cristina Fernández foi elixida senadora nacional pola mesma provincia, mentres Néstor Kirchner era gobernador. Neste período, se ben pertencía á bancada oficialista, opúxose a varios proxectos do goberno de Carlos Menem, entre eles o proxecto presentado durante o litixio do campo de xeo Patagónico Sur, a privatización de Aerolíneas Argentinas, o Pacto Federal para o emprego, a produción e o crecemento,[7] a Reforma Laboral e a Lei de Hidrocarburos. Ademais, pediu a renuncia do daquela ministro de Defensa Oscar Camilión, involucrado no escándalo pola venda de armas a Ecuador e Croacia.[8]

Permaneceu no cargo até o 3 de decembro de 1997 en que, xa electa deputada nacional pola provincia Santa Cruz, renunciou polas súas diferenzas co bloque do PJ, e o día 10 asumiu o seu novo cargo. O ano seguinte, as súas diferenzas co Goberno nacional valéronlle que fose desafectada das comisións que integraba. Volveu ó Senado en 2001 e asumiu a presidencia da Comisión de Asuntos Constitucionais. Algúns temas sobre os que se ocupou foron a modificación das leis que trataban a conformación do Consello da Maxistratura e a Corte Suprema. Tamén se ocupou da investigación sobre a queima de urnas en 2003 na provincia de Catamarca.

Mantívose no cargo até 2005, cando foi elixida tamén senadora nacional pero pola provincia de Buenos Aires, cargo que desempeñou até asumir a primeira maxistratura dende 2007. Cristina Kirchner foi a primeira muller arxentina elixida para o cargo de presidenta e a segunda en exercelo.[9]

Entre as principais medidas do goberno de Cristina Fernández salientan a Asignación Universal por Fillo, a reestatización dos fondos xubilatorios, o programa "Conectar Igualdad", o aumento nos orzamentos para ciencia e investigación, a lei de Servizos de Comunicación Audiovisual, a lei de matrimonio igualitario, a reestatización da empresa Yacimientos Petrolíferos Fiscales (YPF), a reforma do Banco Central e a sanción do Código Civil e Comercial, entre outras.

Nas eleccións presidenciais de 2011 obtivo o 54,11 % dos votos, accedendo así a un segundo mandato. En devandita elección, Cristina Fernández logrou a maior porcentaxe alcanzada nunha elección presidencial dende 1983, sendo tamén en termos porcentuais o cuarto resultado máis amplo da historia electoral arxentina despois da de Hipólito Yrigoyen en 1928, e os de Juan Domingo Perón en 1951 e 1973. Ademais, obtivo unha diferenza do 37,3 % respecto da segunda lista, a segunda maior da historia arxentina.[10][11][12]

A finais do seu mandato en 2015, a revista Forbes clasificouna como unha das «100 mulleres máis poderosas do mundo».[13]

En 2017, presentou a súa nova coalición electoral, Unidade Cidadá, coa que busca renovar o kirchnerismo, e foi elixida senadora nacional pola minoría baixo esta nova coalición.

Máis información Presidentes da Arxentina ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads