Cronobacter sakazakii

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cronobacter sakazakii
Remove ads

Cronobacter sakazakii é o nome dunha especie bacteriana da familia das Enterobacteriaceae, que antes de 2007 recibía o nome de Enterobacter sakazakii (xa non válido).[2][3] Son bacterias gramnegativas, con forma de bacilo, patóxenas. Esta bacteria é ubicua e foi illada en moitos ambientes e alimentos. A maioría de casos de infección por Cronobacter sakazakii prodúcense en adultos, e ademais pode causar máis raramente unha infección invasiva en nenos pequenos, que historiacemente chegou a ter taxas de mortalidade elevadas (40–80%).[4][5][6]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

En nenos pode causar bacteremia, meninxite e enterocolite necrotizante. Algunhas infeccións neonatais por C. sakazakii estiveron asociadas co consumo de leite en po maternizado contaminado coa bacteria.[4][6][7] Tamén pode contaminar outros produtos como tampóns.[8]

Os casos de meninxite neonatal producidos nos últimos 30 anos nun estudo feito en 6 países débense todos [9] a unha soa liñaxe xenética da especie Cronobacter sakazakii chamada "Secuencia Tipo 4" (ST4).[10].

Segundo os estudos de análise de secuencias multilocus, C. sakazakii orixinouse dentro do xeu xénero hai ~15-23 millóns de anos..[11]

Remove ads

Taxonomía

Foi definida como especie, co nome Enterobacter sakazakii en 1980 por Farmer et al.. Pero posteriormente, os estudos de hibridación ADN-ADN mostraron que E. sakazakii estaba relacionada ao 53–54% con especies de dous xéneros diferentes, Enterobacter e Citrobacter. Porén, Farmer et al. suxeriron que os diversos biogrupos descritos de E. sakazakii podían representar en realidade diferentes especies e que se necesitaba máis investigación para aclaralo.[1]

As relacións taxonómicas entre cepas de E. sakazakii foron estudadas despois utilizando a secuenciación completa dos xenes de ARNr 16S, hibridación ADN-ADN, tipificación de secuencias multilocus (MLST), f-AFLP, e ribotipificación automatizada. Estes estudos concluíron coa clasificación de E. sakazakii no novo xénero Cronobacter dentro da familia Enterobacteriaceae.[2][3][12]

Inicialmente en 2007, no xénero estaba incluída Cronobacter sakazakii (que comprendía dúas subespecies), e tres especies máis e unha xenomoespecie. A taxonomía foi revisada en 2008 para incluír unha quinta especie chamada C. malonaticus, a cal en 2007 era considerada unha subespecie de C. sakazakii. Actualmente (2012), o xénero ten sete especies.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads