Enterobacter

From Wikipedia, the free encyclopedia

Enterobacter
Remove ads

Enterobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae. Varias cepas desta bacteria son patóxenas e causan infeccións oportunistas en individuos inmunodeprimidos (xeralmente hospitalizados) e nos que requiren ventilación mecánica. Os tractos urinario e respiratorio son os sitios de infección máis comúns.

Máis información Clasificación científica, Especies ...

As dúas especies máis importantes clinicamente son E. aerogenes e E. cloacae.

  • Enterobacter aerogenes (antes Aerobacter aerogenes) é unha bacteria comensal do tubo dixestivo. Pode ser responsable de infeccións urinairas e de infeccións nosocomiais (hospitalarias). Existen problemas de polirresistencia aos antibióticos.
  • Enterobacter cloacae comensal do tubo dixestivo humano e de animais, pode encontrarase en solos e nas augas residuais. Certas cepas poden ser responsables de infeccións nosocomiais.

A especie Enterobacter sakazakii agora recibe o nome de Cronobacter sakazakii. É unha causa rara de septicemias neonatais e dunha forma de meninxite de evolución grave. Informouse de infeccións asociadas ao consumo de alimentos por bebés.[1][2]

Remove ads

Diagnose

As súas características de laboratorio son lactosa positiva, indol negativa e urease negativa.[3] É unha enterobacteria que pode realizar a fermentación butanodiólica.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads