Cronobacter

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cronobacter
Remove ads

Cronobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, oxidase-negativas, catalase-positivas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que poden causar diversas doenzas infecciosas (bacteremias) en humanos. En xeral son mótiles, reducen o nitrato, usan citrato, hidrolizan esculina e arxinina, e son positivas para descarboxilación da L-ornitina. Producen ácido a partir da D-glicosa, D-sacarosa, D-rafinosa, D-melibiosa, D-celobiosa, D-manitol, D-manosa, L-ramnosa, L-arabinosa, D-trehalosa, galacturonato e D-maltosa. As Cronobacter spp. son xeralmente positivas para a produción de acetoína (proba de Voges–Proskauer) e negativas para a proba do vermello de metilo, que detecta 2,3-butanodiol en vez dunha fermentación ácida mixta.

Máis información Clasificación científica, Species ...

A especie tipo do xénero é Cronobacter sakazakii comb. nov. Secuenciouse e anotouse o xenoma dunha cepa de Cronobacter sakazakii (BAA-894).[3] De acordo cunha análise de secuencia multilocus (MLSA) o xénero orixinouse hai ~40 millóns de anos, e a especie máis importante clinicamente, C. sakazakii, estaba individualizada hai uns ~15-23 millóns de anos. .[4]

Remove ads

Importancia médica

Todas as especies de Cronobacter, agás C. condimenti, foron ligadas retrospectivamente a casos clínicos de infeccións en adultos ou nenos pequenos. A maioría dos casos de infección por Cronobacter ocorren en adultos, xeralmente son bacteremias que non foron estudadas en detalle. Porén, a maioría das infeccións en neonatos e nenos pequenos foron asociadas con C. sakazakii e recibiron considerable atención.[5] Ademais, Cronobacter spp. están asociados con bacteremias neonatais, meninxites e enterocolite necrotizante. Porén, a tipificación de secuencias multilocus [6] mostra que a maioría dos casos deste tipo de meninxite neonatal nos pasados 30 anos, en 6 países foron asociados con só unha liñaxe xenética da especie Cronobacter sakazakii chamada "Secuencia Tipo 4" ou "ST4",[7] e, por tanto, este clon parece ser moi preocupante como causante de infeccións infantís.

Remove ads

Taxonomía

Cronobacter foi proposto como xénero en 2007 para aclarar as relacións taxonómicas dos biogrupos que se encontraron entre as cepas de Enterobacter sakazakii.[8] Esta proposta foi publicada validamente en 2008 con 5 especies e 3 subespecies.[1] A definición do xénero revisouse en 2012 coa designación de sete especies. Esta revisión utilizou datos dos sete loci MLST para definir dúas novas especies; C. universalis e C. condimenti. .[4] A análise xenética e bioquímica mostrou máis recentemente que Cronobacter turicensis non é realmente unha especie membro de Cronobacter e propúxose para ela o novo xénero Siccibacter.

Remove ads

Etimoloxía

O nome Cronobacter procede do nome do personaxe mitolóxico grego Cronos (Κρόνος), un titán que devoraba os seus fillos cando nacían, e da terminación neolatina bacter, bastonciño, xa que é unha bacteria que causa enfermidades nos neonatos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads