Cumulus

xénero de nubes de contornas ben definidas From Wikipedia, the free encyclopedia

Cumulus
Remove ads

Os cumulus ou cúmulos[1], abreviadamente Cu, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por seren nubes con contornas ben definidas, encopetadas e densas. Desenvólvense verticalmente a xeito de protuberancias, cúpulas ou torres. As súas zonas superiores aseméllanse con frecuencia a unha coliflor. As partes iluminadas polos raios do Sol teñen unha coración branca intensa, namentres que a súa base e plana e de cor escuro. Ás veces, aparecen esgazados polo vento.

Thumb
Cumulus humilis, con cumulus congestus no horizonte.
Remove ads

Características

Son nubes de desenvolvemento vertical, que se forman a alturas entre 500 a 6.000 m, e adoitan atoparse espalladas en paquetes amontoados pola convección. As correntes de aire ascendentes, orixinadas polo desigual quecemento do aire, a unha altura onde a humidade do aire pode comezar a condensar, desenvólvendose os cúmulos verticalmente en vez de horizontalmente.

Os cúmulos de bo tempo medran no verán dende o mediodía ata a posta do Sol, cando se disipan. Se existe inestabilidade abonda, poden desenvolverse ata daren lugar a cumulonimbos, orixinando chuvascos e treboadas

Remove ads

Especies

Variedades

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads