Deneb

From Wikipedia, the free encyclopedia

Deneb
Remove ads

Deneb (α Cygni, Alpha Cygni) é unha estrela superxigante branca variable, a estrela máis brillante da constelación do Cisne e a décimo novena estrela máis brillante do ceo (magnitude aparente 1.25). Con Vega e Altair, Deneb forma o triángulo de verán, unha formación de estrelas moi brillante, ben visibles no verán no ceo nocturno. A nebulosa da América do Norte sitúase nas proximidades.

Thumb
Comparación do tamaño de Deneb e o Sol.
Remove ads

Propiedades físicas

Deneb é unha superxigante branca, de tipo espectral A2 Ia, a súa temperatura na superficie é de 8 400 K, ten 20 masas solares[1] e preto de 200 radios solares, unha das meirandes estrelas coñecidas.

A distancia de Deneb ao Sol segundo a análise dos datos recollidos na década de 1990 polo satélite europeo Hipparcos 1 340 e 1 840 al (410 e 565 pc}} realizado por dous traballos publicados en 2008[2]. A súa magnitude absoluta estímase en entre -7,2 e -8,75, o que a converte nunha das estrelas máis brillantes coñecidas, case 60 000 veces máis que o Sol[2] para unha distancia de 1 550 al. O vento solar de Deneb fai que cada ano perda unha masa de 0.8 millonésima de masa solar. Deneb é o prototipo de estrelas variables de tipo α Cygni.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads