Alcachofa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alcachofa
Remove ads

A alcachofa (Cynara cardunculus var. scolymus)[1] é unha planta cultivada como alimento en climas temperados. Pertence ao xénero Cynara dentro da familia Asteraceae. Chámaselle en galego alcachofa tanto á planta enteira, como á inflorescencia en capítulo, testa floral comestíbel. É un cultivo común nas zonas mediterráneas, porén non é popular en Galicia, tendo sido asimilado na cociña en épocas recentes procedente doutras gastronomías (españolas e francesas principalmente).

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Etimoloxía

Aínda que a Real Academia Galega só recolle alcachofa coma acepción, o certo é que a variante alcachofra aparece en moitas máis fontes galegas, ademais de coincidir coa forma actual portuguesa.[2]

A verba alcachofa entra no galego probabelmente a través do castelán e portugués (alcachofra). O termo vén do árabe hispánico: alẖaršúf[a], este do árabe ẖuršūf[ah], e este á súa vez quizabes do pahlavi hār čōb 'pau de espiños').[3]

Remove ads

Descrición

Thumb
Calátide de alcachofa en floración.

A alcachofa é unha planta que acada de 1,4 a 2 metros de altura, que volve abrochar do cepo todos os anos, pasado o inverno, se o frío non a xeou. Bota unha roseta de follas profundamente segmentadas aínda que menos divididas que as do cardo e con poucos ou ningún espiño. As follas teñen cor verde clara na face e no envés fican cubertas por unhas febrelas abrancazadas que lle dan un aspecto pálido. Tanto o pecíolo coma a vea principal da folla teñen costelas lonxitudinais moi saíntes.

Cando a planta entalece bota un rebento máis ou menos alto, rexo, mais tamén con costelas e asucado con cada vez follas máis escasas e menos divididas a medida que estean máis altas en dito talo. No seu ápice, e nalgunhas divisións laterais, traen unhas cabeciñas moi grosas, as alcachofas en si, cubertas de numerosas brácteas coriáceas, na base das cales está o tenro e comestíbel. Ao florearen, esas brácteas endurecen moito polo que non se poden aproveitar para comer, aínda que non rematen en espiñas como as dos cardos.

Remove ads

Procedencia xeográfica

Orixinariamente as alcachofas procedía do Mediterráneo e nordés de África. A alcachofa é un parente moi achegado do tamén comestíbel cardo común.

Historia

Esta planta (ou os cardos dos que procede) podería ser orixinaria de Exipto ou do norte de África. A planta denominada Cynara xa era coñecida por gregos e romanos. Disque se lle outorgaban poderes afrodisíacos e toma o seu nome dunha rapaza seducida por Zeus, e despois transformada por este en alcachofa.

Durante a Idade Media non se coñecía a alcachofa, e se pensa que nesta época, do cultivo sucesivo dos cardos, os horticultores aos poucos os transformaron até conseguir a alcachofa. Xa era consumida na Italia do século XV. Chegada de Sicilia, aparece na Toscana contra 1466. A tradición di que foi introducida en Francia por Catarina de Médici que gustaba de comer corazóns de alcachofa. Esta florentina levounas dende a súa Italia natal ao casar co rei Henrique II de Francia. Lois XIV era así mesmo un gran consumidor de alcachofas. Os colonos españois e franceses nas Américas, introducírona neste continente. Co tempo, en California, os cardos chegaron a se converter nunha auténtica praga, exemplo de planta invasora dun hábitat no que non se atopaba anteriormente.

Remove ads

Propiedades

Thumb
Alcachofas á brasa.

Valor nutricional:

kJ = 220

Glícidos = 10.51g

Amidón =

Azucres = 0.99g

Fibra = 5.4g

Graxas = 0.34g

Proteínas = 2.89g

VitB1_mg = 0.05

VitB2_mg = 0.089

VitB3_mg = 0.111

VitB5_mg = 0.24

VitB6_mg = 0.081

VitB9_ug = 89

VitC_mg = 7.4

Calcio_mg = 21

Ferro_mg = 0.61

Magnesio_mg = 42

Manganeso_mg = 0.225

Fósforo_mg = 73

Potasio_mg = 276

Cinc_mg = 0.4

Fonte_usda = 1

Despois da auga, o compoñente maioritario das alcachofas son os glícidos, entre os que salienta a inulina e maila fibra. Os minerais maioritarios son o sodio, o potasio, o fósforo e mailo calcio; e entre as vitaminas salienta a presenza das vitamina B1, vitamina B3 e pequenas cantidades de vitamina C. Porén, o máis salientábel da súa composición son unha serie de substancias que se atopan en pequena cantidade, mais dotadas de notábeis efectos fisiolóxicos positivos:

  • A cinarina: substancia aceda con efecto colerético, é dicir, con capacidade para aumentar a secreción biliar. A cinarina, ademais de hidrocolerético é hipocolesterolemiante, diminúe o cociente beta/alfa das lipoproteínas. Tamén é diurético, provoca maior expulsión de ouriños.
  • Os esterois: con capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

As súas flores, o mesmo que as do cardo, conteñen o lévedo "lab" (que é un conxunto de 3 encimas: pepsina, quimosina e paraquimosina) que serve como callo do leite para a elaboración de queixos. Ditos queixos reciben xeralmente o cualificativo de queixo de flor; por exemplo o «Queso de flor de Guía», en Gran Canaria.

Usos medicinais

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Emprégase a xeito de extractos secos e doutras preparacións galénicas[4]:

Usos soportados por datos clínicos

Para o tratamento de molestias dixestivas (por exemplo: dispepsia, sensación de plenitude, flatulencia, náuseas, dor de estómago e vómitos). Como tratamento adxunto da hipercolesterolemia suave a moderada.

Usos descritos na farmacopea e noutros documentos

Úsase oralmente para o tratamento da ateroesclerose e para disfuncións do ril (polo seu efecto diurético). Un estudo indicou que pode ser beneficioso no tratamento da síndrome do intestino irritábel, porén cómpren máis ensaios clínicos antes de se poder facer recomendacións terapéuticas.

Usos descritos na medicina tradicional

Utilizada no tratamento da anemia, diabetes, febre, gota, reumatismo e pedras en vías urinarias.

Advertencias sobre a utilización de preparacións feitas a partir de extractos de alcachofa

A) Reaccións adversas:

  • Nalgúns estudos tense demostrado molestias gastrointestinais incluíndo diarrea suave, acompañada de cambras abdominais, dor na parte superior do abdome, náuseas e ardor de estómago. Noutros estudos só se atoparon lixeiras molestias gastrointestinais. Poden ocorrer reaccións alérxicas en pacientes sensibilizados.

B) Contraindicacións: Hipersensibilidade ou alerxia ás alcachofas e obstrución dos condutos biliares.

C) Advertencias: Crese que é posíbel a interacción con anticoagulantes do tipo das cumarinas.

D) Precaucións:

  • Xerais: os pacientes con pedras na vesícula biliar deberían pedir consello médico antes de utilizar preparacións medicinais obtidas a partir desta planta.
  • Gravidez, efectos teratóxenos e non teratóxenos: Non está recomendado o seu uso por mor a que non se dispón de estudos de seguridade e eficacia.
  • Uso pediátrico: Por mor á falla de estudos de seguridade e eficacia, non está recomendado o seu uso en menores de 12 anos.

E) Posoloxía: Para facer recomendacións xerais sobre a dose a utilizar cómpre coñecer a pureza dos extractos empregados.

Remove ads

Produción

Segundo a FAO, os 10 países a seguir foron en 2018 os de maior produción - en toneladas e orde decrecente:

Máis información Principais produtores de Cynara scolymus - 2018 en toneladas ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads