Major League Soccer

From Wikipedia, the free encyclopedia

Major League Soccer
Remove ads

A Major League Soccer é a liga profesional de fútbol en Norteamérica. Fundada en 1993, actualmente a MLS está composta por 20 equipos, 17 deles dos Estados Unidos, e outros 3 do Canadá. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 a IFFHS situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zona Concacaf.

Datos rápidos Tipo, Liga superior ...
Remove ads

Historia

A creación da MLS foi incluída na candidatura de Estados Unidos para organizar o Campionato do Mundo de Fútbol de 1994. Unha vez elixida pola FIFA a candidatura proposta pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos, esta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o 6 de abril de 1996 con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Leste e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.

Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.

Palmarés

O equipo campión recibe a MLS Cup. O LA Galaxy é o equipo máis laureado da competición con 5 MLS Cups no seu palmarés. Ademais é tamén o equipo que máis finais disputou con 9.

FINAL 2014
Data7 de decembro
CampiónLos Angeles Galaxy
FinalistaNew England Revolution
Resultado2-1
Remove ads

Equipos

Os 20 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. Na Conferencia Leste hai 8 equipos estadounidenses e 2 canadenses, mentres que na Conferencia Oeste hai 9 estadounidenses e un do Canadá. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En 2007 o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe de David Beckham polos LA Galaxy.

O líder da táboa cando remata a tempada regular, e mailo equipo que gaña na final, son equipos que teñen dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf na seguinte tempada, sempre que non sexan canadenses, xa que os equipos canadenses acadan o dereito a clasificarse para competicións continentais a través da súa propia competición nacional. Hai outras dúas prazas para disputar a fase previa da Liga de Campións, que son para o equipo que perde na final, e para o equipo que gaña na competición copeira, unha competición na que compiten os equipos da MLS con outros equipos estadounidenses.

Conferencia Leste
D.C. United
Washington
4 MLS Cup
1 Copa Concacaf


Conferencia Oeste
LA Galaxy
Os Ánxeles
3 MLS Cup
1 Copa Concacaf
Potl. Timbers
Portland
-
-
Sea. Sounders
Seattle
-
-
Vanc. Whitecaps
Vancouver
-
-
Remove ads

Táboa histórica 1996-2010

A táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en 1996 foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é o Los Angeles Galaxy, o que quere dicir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con máis finais disputadas, 7. Na segunda posición está o DC United, que é o equipo con máis títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf, a máxima competición continental de fútbol que se disputa en Norteamérica.

Máis información Posición, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads