Copa MLS

From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa MLS
Remove ads

A Copa MLS (en inglés: MLS Cup) é o título de campión da Major League Soccer. Tras a liga regular nas dúas conferencias, os cinco primeiros clasificados de cada conferencia xogan os playoff da MLS. Os gañadores dos playoffs de cada conferencia enfróntanse nunha final polo título. O gañador da Copa MLS clasifícase para a Liga de Campións da CONCACAF.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

O primeiro gañador desta copa foi o D.C. United, no ano 1996. O equipo con máis títulos é Los Angeles Galaxy, o equipo anxelino foi o campión en cinco ocasións. O último gañador foi o Portland Timbers.

Remove ads

Historia

Anos 90

Esta década foi dominada claramente polo D.C. United. Na estrea desta competición, no ano 1996, o D.C. United venceu a Los Angeles Galaxy cun gol de ouro de Eddie Pope, 2-3 foi o resultado final, os Black-and-Red remontaron os dous tantos iniciais do conxunto anxelino [1]. Ao seguinte ano, o D.C. United revalidou o título, no seu estadio, esta vez fronte o Colorado Rapids [2]. No ano 1997 o D.C. United chegou á final por terceira vez consecutiva, pero esta vez caeu fronte o Chicago Fire [3]. Ó ano seguinte o D.C. United non faltaba a súa cita na final, reeditanto a primeira final da historia da MLS fronte ó Los Angeles Galaxy conseguindo a súa terceira MLS Cup [4].

Principios de século

Coa chegada do novo século tamén chegou un novo campión o Kansas City Wizards, que tras unha gran tempada logrou vencer o Colorado Rapids [5]. No ano 2001 tamén houbo un novo campión, o San Jose Earthquakes que vencía ó Los Angeles Galaxy, que perdía a súa terceira final [5]. Pero un ano máis tarde chegaba a ansiada copa a cidade dos Ánxeles, tras tres finais perdidas ó Los Angeles Galaxy conseguía o título derrotando New England Revolution cun drámatico gol na prórroga de Carlos Ruiz [6]. No 2003 o San Jose Earthquakes gañou a súa segunda MLS Cup vencendo ó Chicago Fire [7]. Os dous anos posteriores o D.C. United conseguía o seu cuarto título e o Los Angeles Galaxy gañaba a súa segunda final.

Nos anos 2006 e 2007 repitiuse a final, o New England Revolution chegou a súa terceira e cuarta final pero amba-las dúas perderíanas fronte o Houston Dynamo [8][9]. No ano 2008 estrearía o Columbus Crew o seu palmarés vencendo cun contundente 3 a 1 ó New York Red Bulls [10]. O ano seguinte chegaríase por primeira vez ós lanzamentos de penalti, tras os empate a uns no tempo regular, o Real Salt Lake venceu na quenda de penaltis ó Los Angeles Galaxy por cinco goles a catro, conseguindo o seu primeiro título [11].

Xa na segunda década do século o Colorado Rapids conseguirían estrear o seu casilleiro neste campionato, tras vencer na prórroga e cun gol na propia meta de George John, ó FC Dallas [12]. Coa chegada das estrelas internacionais Los Angeles Galaxy mostraron o seu dominio, vencendo as finais de 2011 e 2012 acadando o seu cuarto título. No ano 2013 o Sporting Kansas City lograba gañar o campionato por primeira vez con ese nome, pero xa era o segundo título da franquía de Kansas City [13]. O ano 2014 foi histórico para a MLS xa que o Los Angeles Galaxy conseguían o seu quinto título e transformábanse no equipo con máis copas MLS [14]. Tras este feito histórico, o ano seguinte ocorreu unha gran sorpresa un dos equipos con menos opcions dos clasificados os playoffs chegaron a final e venceron por un apertado dous a un ó Columbus Crew, este equipo foi ó Portland Timbers que logrou o seu primeiro título [15].

Remove ads

Títulos e finais

Máis información Equipo, Campións ...

Xogador máis valorado

Tras cada final da Copa MLS entrégase o premio ó mellor xogador do partido, que normalmente é o que coas súas accións decidiu o partido [16].

Máis información Ano, Xogador ...

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads