Passau

From Wikipedia, the free encyclopedia

Passaumap
Remove ads

Passau é unha cidade bávara nas ribeiras do Danubio e na fronteira con Austria. É denominada a cidade dos tres ríos porque ademais do Danubio atravésana os ríos Inn e Ilz. Segundo o censo de 2007 conta con máis de 50000 habitantes. A cidade vella (Altstadt) está bordeada polos ríos Danubio e Inn. O conxunto do termo municipal ten unha extensión de aproximadamente 70 km². Alexander von Humboldt, xeógrafo e etnógrafo alemán do século XVIII, considerábaa unha das cidades máis fermosas de Europa.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Tense constancia de asentamento de poboación no territorio onde está actualmente a cidade desde antes da chegada dos romanos. Os romanos construíron o castelo de Boiotro e integraron o territorio á provincia de Recia ata o ano 476 en que abandonaron a rexión. En 739 pasou a ser sede episcopal. Desde 1217 ten os privilexios de cidade episcopal de bispo-príncipe (Fürst) e no ano 1225 adquiriu categoría de cidade.

Passau é o lugar da orixe do Ausbund, o libro de cantos protestantes máis antergo e que aínda empregan hoxe en día os Amish nas súas liturxias. Este libro foi escrito entre 1535 e 1540 polos chamados Bautistas que foran presos na fortaleza da cidade e que despois da súa morte foron considerados mártires.

A cidade foi reconstruída baixo o mandato de arquitectos italianos despois do incendio de 1662, que a destruíu case totalmente. De aí vén a súa arquitectura barroca e que reclamen para si unha certa atmosfera mediterránea que a diferencia das cidades da súa contorna. É desde o ano 1803, e no contexto das guerras napoleónicas, pasa a formar parte de Baviera.

Debido aos tres ríos que a atravesan ten sido asolagada polas enchentes destes ríos e varias ocasións. A máis grave no ano 1954 aínda que no ano 2002 tiveron outro asolagamento importante.

Na historia recente da cidade está marcada como feito sinalado a fundación en 1978 da súa universidade. A máis recente das existentes en Baviera. Conta con 8000 estudantes, repartidos en cinco facultades: Teoloxía, Leis, Ciencias Económicas, Informática, Matemáticas e Filosofía. Debido a que o 12% dos estudantes son estranxeiros pola cantidade de convenios internacionais que asinou a universidade a cidade adquiriu carácter cosmopolita. A cidade experimentou un grande cambio desde a fundación da universidade que ten un peso importante tanto a nivel demográfico así como dinamizador cultural.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads