Darktable
tratamento de imaxes raw From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, macOS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas.[1]
Remove ads
Características[2]
- Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
- Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
- Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
- Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
- Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
- Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
- Automatización de tarefas repetitivas: pode usarse a linguaxe Lua.
Novas características da versión 3.2.1
- Revisión completa do código CSS para obter un aspecto profesional
- Módulos de localización e selector de cor actualizados
- É posible agregar regras CSS nas preferencias para modificar o aspecto de darktable, así como para controlar o tamaño de fonte e os valores de DPI
- Nova pantalla de histograma chamada RGB Parade
- Agregado soporte para gradientes curvos
- Agregado soporte para formato de arquivo AVIF
- Soporte para novas cámaras
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
