David Timor

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

David Timor
Remove ads

David Timor Copoví, nado en Carcaixent o 17 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Eldense, da Segunda División.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Formouse na canteira do Valencia e militou dúas campañas no Mestalla, na Segunda División B.[1] No verán de 2010 asinou por Osasuna, pasando a gran maioría do seu primeiro ano co equipo B, tamén en Segunda B. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 23 de abril de 2011, xogando os últimos dez minutos dunha derrota por 2-0 ante o futuro campión, o FC Barcelona. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 30 de setembro de 2012, ante o Levante.[2]

Tras unha campaña cedido no Girona,[3] pasou ao Real Valladolid, no que militou durante un ano e medio. En xaneiro de 2016 fichou polo Leganés, co que conseguiu o ascenso á Primeira División.[4]

Entre 2017 e 2018 xogou no Girona, pasando logo pola UD Las Palmas, o Getafe, o Huesca e o Eldense.[5]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads