Dendragapus

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Dendragapus
Remove ads

Dendragapus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[1]

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Thumb
Dendragapus obscurus, femia
Thumb
Dendragapus fuligionosos, femia

Para a maioría dos autores comprende dúas especies que habitan en América do Norte.[2][3][4] Porén, outros autores reducen o seu número a unha, e outros elevan a tres ou catro o número das súas especies.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1823 polo zoólogo estadounidense Daniel Giraud Elliot,[1] en Proc. Acad. Nat. Sci. Philadelphia 16: 23.[5]

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Dendragapus, está formado polos elementos do latín científico dendr- e -agapus. O primeiro está tirado da raíz do substantivo do grego antigo δένδον déndron, 'árbore', e o segundo de ἀγαπό agapó, 'amante', derivado do verbo ἀγαπάω agapáō, 'amar', 'querer', 'desexar'.[6] Literalmente: 'os amantes das árbores'.

Especies

Como quedou dito, a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies:

Controversia taxonómica

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[1] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[7] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[8][9][10]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[11]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads