Dendragapus obscurus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dendragapus obscurus
Remove ads

Dendragapus obscurus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Dendragapus.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

É un tetraonino de tamaño mediano, propio da cordilleira das Montañas Rochosas, en América do Norte, moi semellante ao seu conxénere Dendragapus fuliginosus.

Remove ads

Características

Moi semellante e estreitamente relacionado filoxeneticamente con Dendragapus fuliginosus), antigamente ambas as especies foron consideradas como conespecíficas,[2][3][4] pero na actualidade recoñécense como especies independentes.[5]

A plumaxe dos machos adultos e predominantemente escura, e a súa cola é longa, de forma cuadrangular, e de cor gris n a porción distal. Os machos presentan unha bolsa de aire violácea na garganta, rodeada de plumas brancas, e unha carúncula vermella sobre o ollo, visíbeis durante a exhibición nupcial. As plumaxe das femias adultas é apencada, con plumas castañas con marcas brancas e castaño escuras nas partes ventrais.[3]

Remove ads

Hábitat e distribución

O hábitat de cría desta pita do monte son os bordos dos bosques de coníferas e mixtos nas rexións montañosas do oeste de Norte América, desde Alasca e Yukón até Novo México.[3]

Bioloxía

Estas aves on residentes permanentes, pero poden desprazarse a curtas distancias camiñando ou con voos curtos cara a áreas con bosques máis densos en inverno, co estraño hábito de moverse cara a altitudes maiores no inverno.[2]

Aliméntanse no solo, ou nas árbores en inverno. Nesta estación comen principalmente acículas de abetos e de Pseudotsuga taxifolia (abeto de Douglas) e, ocasionalmente, tamén acículas de Tsuga sp. e de Pinus sp. En verán son máis importantes outras plantas (Pteridium, Salix), bagas (Gaultheria, Mahonia, Rubus, Vaccinium) e insectos (particularmente formigas, escaravellos e saltóns).[2]

Na época de celo os machos cantan marcando os seus territorios e fan curtos voos batendo as ás para atraeren ás femias. Os niños son simpes escavacións no solo escondidos entre arbustos ou pólas de árbores caídas. As fembras deixan o territorio dos machos despois do apareamento. Os polos aliméntase de exclusivamente de insectos nos primeiros dez días de vida.[2]

Taxonomía

Thumb
Macho exhibíndose na parada nupcial.
Thumb
Femia.

Descrición

A especie foi descrita en 1823 polo naturalista estadounidense Thomas Say[6] nunha nota da páxina 14 do traballo Exped. Rocky Mt. [James]Phila. 2ª ed., baixo o nome de Tetrao obscurus.[7]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Dendragapus.

O epíteto específico fai referencia á vor da súa plumaxe.

Subespecies

Recoñécense as seguintes subespecies:[6]

  • Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873)
  • Dendragapus obscurus howardi Dickey & van Rossem, 1923
  • Dendragapus obscurus obscurus (Say, 1823)
  • Dendragapus obscurus oreinus Behle & Selander, 1951
  • Dendragapus obscurus pallidus Swarth, 1931
  • Dendragapus obscurus richardsonii (Douglas, 1829)
  • Dendragapus obscurus sierrae Chapman, 1904
  • Dendragapus obscurus sitkensis Swarth, 1921

Controversia taxonómica

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[6] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[8] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource (23-05-2005). Porén, o Grouse Specialist Group (Grupo de especialistas en pitas do monte) recoñece a ambas as especes, Dendragapus obscurus e Dendragapus fuliginosus, como especies independentes.[5]

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[9][10][11]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[12]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads