Devesos, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia

Devesos, Ortigueiramap
Remove ads

San Sebastián de Devesos[1] é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Xeografía

Devesos está situada na parte occidental do concello, esténdese polo curso alto do río Baleo e pola aba occidental da serra da Faladoira. A parroquia linda ao norte coa parroquia de Couzadoiro polo alto de Coucemosquento e a de Freires polo rego do Lombao; polo nordeste volve a lindar con Couzadoiro e os regatos de Santaballa e Viduído; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón; polo suroeste e polo sur linda coas parroquias das Neves e do Ermo, e polo oeste os altos de Folgoso sepárana da parroquia de Senra.

A estrada AC-101 (Ortigueira–As Pontes) atravesa a parroquia no seu lado oeste, de norte a sur, dende o quilómetro 5 até o quilómetro 9, polos lugares do Coto, Camiño Grande, Casón e Paufito.

Os ríos Baleo e Mera, os dous leitos máis importantes do concello, teñen nos cumios e nos vales profundos desta parroquia as súas primeiras fontes.

Remove ads

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Sebastián de Devesos sitúase no lugar do Igrexario. É un templo antigo con planta de cruz latina do que se pode destacar un pouco usual pórtico lateral. A uns metros está o cemiterio e no seu camiño testando coa igrexa atópase a casa reitoral, do século XVII, actualmente restaurada e de uso particular.

Neste mesmo lugar do Igrexario e fronte ao templo érguese o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo La Devesana, sufragado polos emigrantes en Cuba naturais desta parroquia e do Alto de Freires, que no ano 1908 constituíran na Habana unha sociedade con este mesmo nome. Os seus fundadores, todos eles obreiros tabaqueiros, co obxecto de facilitar a instrución dos nenos e nenas da parroquia, promoveron a posta en marcha dunha escola laica,[2] que foi inaugurada en marzo de 1912, seguindo os postulados da Escuela Moderna do anarquista Francesc Ferrer i Guàrdia.

A escola foi pechada o 24 de marzo de 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera, polo gobernador civil, o militar Pío López Pozas, alegando a súa relación con asociacións libertarias, pero fundamentalmente pola hostilidade que os seus principios suscitaran no cura párroco de Devesos, José Antonio Orjales. Despois disto a Devesana reabriu as súas portas no curso 1930-1931, e foi novamente pechada trala sublevación franquista de 1936. O recinto sufriu diversos avatares e actualmente acolle o centro social da parroquia.

No lugar de Portas está a pequena ermida de Nosa Señora de Portas, moi concorrida en romaxe noutros tempos.

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Devesos

Lugares da parroquia de Devesos no concello coruñés de Ortigueira

O Aciveiro | Altamira | O Barcón | O Barral | As Bouzas | Bustelo | A Cabana | As Cabanas | O Cabradoiro | Os Calvarios | O Camiño Grande | O Carballal | Os Carballás | O Carrachal | Os Carrís | A Casanova | O Casón | O Castro | O Chao Cativo | Chao do Souto | As Cortiñas | O Coto de Abaixo | O Coto de Arriba | O Cotón | O Cotorelo | O Couce das Taugas | O Couce Mosquento | O Couce | As Cruces | A Cruz do Coto | Os Destros | A Dorna | Ervellaqueira | Espilla | A Fieira de Abaixo | A Fieira de Arriba | A Fieira do Medio | As Forcadas | Gabián | A Gaiva | A Galiñeira | Gocende de Abaixo | Gocende de Ariba | O Igrexario | O Latidal de Abaixo | O Latidal de Arriba | O Lombao | O Lombo do Coitelo | O Malló | O Mexadeiro | Monteagudo | Paufito | Pedre | O Pegueiro | Penavide | A Picheira | Pontellas | Portas | Reboredo | O Rego | O Río | Rodela | Seixidal | A Serra | Sibil | Solores | O Teixeiro | O Tesouro | A Torre | Tras da Fonte | A Venda | O Vilar | Xambón

Parroquias de Ortigueira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads