Senra, Ortigueira
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Senra.
Remove ads
Xeografía
Senra está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na marxe esquerda do río Maior. Linda polo norte coa ría de Ortigueira dende a desembocadura do río Maior até a enseada da Roncadoira, polo leste limita coas parroquias de Cuíña e Os Freires, marcados ambos límites polo curso do río Maior , polo sur o regato da Gaiba sepáraa das parroquias de Devesos e O Ermo, e polo oeste linda coa parroquia de San Claudio no rego Chaelo. Como noutras parroquias do litoral a poboación concéntrase ao longo da estrada AC-862 que cruza os lugares de Riomaior, O Nogueirido, A Telleira e A Basteira. Dende o lugar do Nogueirido, nesta mesma estrada sae outra que atravesa a parroquia até a parroquia de Insua. Case paralela a estrada xeral, vai a vía de FEVE, que conta nesta parroquia cun apeadoiro.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial, é unha construción moderna de cruz latina. Preto dela hai unha magnífica casa reitoral e en fronte un pouco separado, queda o cemiterio parroquial. No lugar do Nogueirido, á beira do antigo camiño real, está a ermida da Santiña, na honra da Virxe das Dores, cunha pedra que amosa unha faciana antropomorfa, e que contan foi atopada nun terreo por unha labrega que dixo ver nela a imaxe da Virxe.
O centro escolar da Granxa, no lugar dese nome, foi sufragado polos indianos, nome co que eran coñecidos os emigrados nos inicios do 1900 a Cuba. Outras construcións destacadas son o pazo de Riomaior e un muíño de mareas na mesma desembocadura do río Maior. Augas arriba do mesmo río está a Ponte de Saa, do século XIV, pola que pasaba o Camiño Real que foi único paso deste río até a construción da actual estrada AC-862.
Remove ads
Galería de imaxes
- Capela da Santiña.
- Local social no antigo escolar de indianos.
- Muíño de mareas na desembocadura do río Maior.
- Pazo de Riomaior.
- Ponte de Saa e o restaurado muíño do mesmo nome.
Lugares e parroquias
Lugares de Senra
Lugares da parroquia de Senra no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
As Areas - O Barral - A Basteira - Burreiros de Abaixo - Burreiros de Arriba - Os Canavás - A Carmona - A Casanova - Castiñeiras - O Castro - A Cocheira - Os Cribeiros - O Crucifixo - O Escorial - Folgoso de Abaixo - Folgoso de Arriba - Fontela de Abaixo - Fontela de Arriba - A Gallupá - A Gándara - A Granxa - Gueirón - O Igrexario - O Lagares - A Lameira - Miñán - O Monte - O Muíño do Mar - O Navallo de Abaixo - O Navallo de Arriba - O Nogueirido - O Piñeiro - Pol de Abaixo - Pol de Arriba - Os Raposos - A Redonda - A Rega - O Rego - Riomaior - Roibás - Sa - O Santo - O Seixo - Seoane - O Sisto - Soldares - A Sortella - O Souto de Pol - A Taipa - A Telleira - O Torneiro - A Torre - A Viña - A Volta da Fonte |
Parroquias de Ortigueira
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads