Dinastía dos Capetos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dinastía dos Capetos
Remove ads

A dinastía dos Capetos[3] (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.
Datos rápidos Casa materna, Títulos ...
Thumb
Escudo da Casa de Francia, rama principal da dinastía.
As tres flores de lis de ouro sobre fondo azul encóntranse na maioría dos escudos das ramas novas como, por exemplo, o do rei de España.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.[4]

Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques da Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertencen agnaticamente á dinastía,[5] ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Remove ads

Títulos dos Capetos

En máis de mil anos de presenza case ininterrompida sobre os tronos europeos, representantes das diferentes ramas da dinastía gobernaron sobre varios países:

A estas coroas sumáronse varios grandes ducados, condados e marquesados independentes:

Remove ads

Orixe dos Capetos

En 987, á morte de Lois V de Francia, último rei carolinxio, Hugo Capeto, duque de Francia e conde de París, fillo de Hugo o Grande, foi elixido rei no Castelo real de Senlis,<ref>[6] pola nobreza e o clero francos, fundando así unha nova dinastía real.

Antepasados: os Robertianos

Thumb
Hugo Capeto, cabeza da dinastía, nun retrato moderno.

Non se coñecen moi ben as orixes antigas dos Capetos. Existen dúas versións. A primeira fai dos Capetos unha familia oriúnda das beiras do río Rin, descendente dos saxóns. Esta idea foi apoiada en particular polos historiadores alemáns, que pretendían mostrar o predominio do elemento xermánico. Explican a existencia desta versión co feito de que a nai de Hugo Capeto era saxoa. Porén, a maioría dos historiadores franceses prefire a segunda versión, máis probábel, que sitúa os antepasados dos Capetos no centro da Francia actual. Unha versión mixta fai descender os Capetos dos saxóns, pero dunha poboación presente na Galia desde as invasións bárbaras do século V.

O antepasado máis antigo coñecido con certeza é Roberto o Forte, morto en 866, marqués de Neustria e fundador da Casa Robertina, que se destacou na loita contra os viquingos. O seu fillo máis vello, asentado en París co título de conde, foi elixido rei da Francia Occidental en 887 co nome de Eudes I, polo valor que demostrou na resistencia fronte ao ataque dos normandos (en París entre 885-886), tras a deposición do emperador Carlos III o Gordo. Porén, coaccionado por Arnulfo de Carintia, rei da Francia Oriental, que decidiu defender a causa do herdeiro lexítimo Carlos III o Simple, Eudes tivo que aceptar as súas pretensións e nomealo como sucesor en 898, ano da súa morte.

Roberto, irmán de Eudes, a quen sucedeu como conde de París, tomou parte no movemento do ano 921, cando parte da nobreza franca e o clero se levantaron en contra de Carlos o Simple. Tras derrotar a Carlos, que foi conducido a Lorena, Roberto foi coroado en Reims o 29 de xuño de 922. Carlos o Simple reuniu un exército enfrontándose con el en xuño de 923, cerca de Soissons, onde Roberto morreu asasinado. Carlos non puido recuperar o trono e foi confinado. Unha asemblea de nobres designou a Raúl, duque de Borgoña, como o seu sucesor. Os carolinxios recuperaban o trono por última vez.

O fillo de Roberto, Hugo o Grande (897-956), duque de Francia e conde de París, foi o nobre máis poderoso da súa época. Aínda que tivo oportunidade, prefiriu aumentar as súas posesións e a súa forza antes que tomar o trono. Era unha especie de vicerrei, tan poderoso como o monarca, que preparou a sucesión para o seu fillo Hugo Capeto.

O fundador: Hugo Capeto

Cando Carlos IV o Fermoso (último fillo de Filipe IV o Fermoso en ser coroado) faleceu en 1328 sen deixar un herdeiro varón que o substituíse no trono, unha rama nova descendente dos Capeto, os Valois, tomou o control do reino de Francia. A dinastía Valois partiu do irmán máis novo de Filipe IV, Carlos de Valois, conde de Valois, e o primeiro rei desta casa foi o fillo do conde Carlos: Filipe VI de Valois. Despois foron outras dúas ramas novas, os Bourbon e logo os Orléans, os que se sucederon no trono. Cando o último descendente da rama morría sen deixar herdeiro ao trono, os nobres acudían a revisar a dinastía Capetina a partir do seu grande e amado rei San Lois IX (avó do Rei de Ferro), único rei francés canonizado. Así, todos os reis de Francia desde Hugo Capeto até o último, Lois Filipe I, sen contar os emperadores Bonaparte, pertenceron á dinastía dos Capeto, dando o seu nome oficial á Casa de Francia.

Remove ads

Lista de ramas colaterais

Como se comentou anteriormente, a dinastía dos Capetos, a máis antiga dinastía real de Europa, posuía numerosas ramas colaterais que xogaron un papel importante no continente europeo. Velaquí unha lista que as describe:

Remove ads

Xenealoxía dos reis de Francia

Thumb
Árbore xenealóxica dos reis de Francia da Casa dos Capetos
Inclúe os Robertianos (en rosa), os Capetos directos (en azul), os Valois (en amarelo), os Valois-Orleans e Valois-Angulema (en verde), os Borbón (en fucsia) e os Orleáns.
Nota: nalgúns casos, o parentesco era máis próximo por liña feminina; porén, xa que unicamente contaba a sucesión sálica, só se incluíron os antepasados varóns.
Thumb
Relacións de parentesco.
Máis información Nome, Datas de reinado ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads