Discord

software de mensaxería instantánea e voz IP From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Discord é unha plataforma social de mensaxería instantánea e VoIP que permite a comunicación mediante chamadas de voz, videochamadas, mensaxes de texto e a compartición de ficheiros. A comunicación pode ser privada, por mensaxes directas, ou realizarse en comunidades virtuais chamadas "servidores". Un servidor é unha colección de salas de chat e canles de voz ás que se pode acceder mediante ligazóns de invitación. Moitos servidores fan uso de bots que amplían as funcionalidades do servidor ou axudan coa moderación.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...

Discord funciona en Windows, macOS, Android, iOS, iPadOS, Linux e en navegadores web. A partir de 2021, o servizo conta con máis de 350 millóns de usuarios rexistrados[1] e máis de 150 millóns de usuarios activos mensuais. Inda que inicialmente comezou como unha rede para xogadores de videoxogos foise abrindo a outras comunidades, artísticas, políticas, empresariais etc.[2] En setembro de 2023, Discord era o 35º sitio web máis visitado do mundo.[3][4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads