Dominio bZIP
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En bioloxía o dominio cremalleira de leucina básica (dominio bZIP) encóntrase en moitas proteínas eucariotas que se unen ao ADN. Unha parte do dominio contén unha rexión que media propiedades de unión ao ADN específicas de secuencia e a cremalleira de leucina que se require para manter xuntas (dimerizadas) as dúas rexións de unión ao ADN. A rexión de unión ao ADN comprende varios aminoácidos básicos como a arxinina e a lisina. As proteínas que conteñen este dominio son factores de transcrición.[1][2]
- Para o algoritmo de compresión ver Bzip2

Remove ads
Factores de transcrición bZIP
Os factores de transcrición bZIP encóntranse en todos os organismos. Un estudo evolutivo recente revelou que había 4 xenes bZIP no xenoma do antepasado común máis recente de todas as plantas.[3] As interaccións entre os factores de transcrición bZIP xogan un importante papel no desenvolvemento do cancro [4] nos tecidos epiteliais, na síntese de hormonas esteroides polos tecidos endócrinos,[5] nos factores que afectan ás funcións reprodutivas,[6] e noutros fenómenos que afectan á saúde humana.
Remove ads
Principais proteínas que conteñen o dominio bZIP
- AP-1 fos/jun heterodímero que forma un factor de transcrición
- Jun-B (factor de transcrición)
- CREB, elemento de resposta ao AMPc de factor de transcrición
- OPAQUE2 (O2). Factor de transcrición do xene zein 22-kD que codifica unha clase de proteínas de almacenamento no endosperma dos grans de millo (Zea Mays).
Proteínas humanas que conteñen este dominio
ATF1; ATF2; ATF4; ATF5; ATF6; ATF7; BACH1; BACH2; BATF; BATF2; CREB1; CREB3; CREB3L1; CREB3L2; CREB3L3; CREB3L4; CREB5; CREBL1; CREM; E4BP4; FOSL1; FOSL2; JUN; JUNB; JUND; MAFA; MAFB; NFE2; NFE2L2; NFE2L3; SNFT; CREM
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads