Drogheda

cidade de Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia

Droghedamap
Remove ads

Drogheda (en inglés) ou Droichead Átha (en irlandés, as dúas formas oficiais) é unha cidade da República de Irlanda, no leste do país, pertencente á provincia tradicional de Leinster.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Remove ads

Demografía

No ano 2011 tiña unha poboación de 38 578 habitantes.

Historia

Thumb
Fito conmemorativo dos 800 anos da cidade

O primeiro asentamento que houbo en Drogheda, e que está considerado como a fundación da cidade tivo lugar no 1194  Durante a rebelión irlandesa de 1641, Drogheda foi asediada polas tropas rebeldes contrarias á presenza dos ingleses.[1]

Entre o 3 e o 11 de setembro de 1649, durante a chamada Segunda Guerra Inglesa, que culminou coa caída e posterior decapitación do monarca Carlos I de Inglaterra, a cidade de Drogheda foi vítima do asedio das tropas do ditador, Oliver Cromwell invadiron a cidade e mataron preto de 3500 persoas no coñecido como asedio de Drogheda. Homes, militares e pais foron asasinados nunha acción que afectou as relacións entre ingleses e irlandeses por máis de 300 anos.[2]

Preto de Drogheda tivo lugar a batalla do Boyne no 1690 entre os partidarios do deposto rei Xacobe II e os partidarios de Guillerme III. Esta batalla foi decisiva no marco da guerra xacobita.[3]

Remove ads

Turismo

Nas inmediacións da cidade, ao norte, están as ruínas do mosteiro Mainistir Bhuithe, onde é posible atopar tres cruces altas como mostra da influencia artística celta.

Na igrexa adicada a San Pedro atópase a cabeza incorrupta do arcebispo e mártir Oliver Plunkett[4]

Economía

A economía en Drogheda, como a de moitas outras cidades da Irlanda, está mudando rapidamente. As vellas industrias baseadas en torno ao liño e téxtil, fabricación de cervexa, transporte e fabricación xa desapareceran ou están en declive. Nos últimos anos, o número de empresas reduciuse por mor da crise económica e Drogheda enfrontase a un aumento do desemprego.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads