Eberhard August Wilhelm von Zimmermann

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nado o 17 de agosto de 1743 en Uelzen,[1] Ducado de Brunswick-Luneburgo e finado o 4 de xullo de 1815 en Brunswick (en alemán: Braunschweig),[1] Ducado de Brunswick, foi un xeógrafo e zoólogo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Eberhard August Wilhelm von Zimmermann estudou desde 1761 a 1765 historia natural (medicina), filosofía, matemáticas e xeografía nas universidades de Leiden, Halle e Gotinga (e quizais tamén na de Berlín con Leonhard Euler). Graduouse en Gotinga en matemáticas (xeometría) cunha tese sobre a análise das curvas titulada Curvarum imbricatarum consideratio analytica.[2]

A partir de 1766 foi profesor de matemáticas, física e historia natural no Collegium Carolinum en Braunschweig.

Zimmermann é famoso por ser o autor de Specimen Zoologiae Geographicae Quadrupedum (1777), unha das primeiras obras dedicadas á distribución xeográfica dos mamíferos.

En 1778 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Gotinga e máis adiante tamén dotras academias, como a Academia de Ciencias de Baviera, en 1808.

En 1796 foi elevado á dignidade de Par do Imperio (do Sacro Imperio Romano-Xermánico).

En 1801 foi relevado dos seus compromisos no ensino, dedicándose a traballar nas sías puiblicacións.

Remove ads

Principais obras

  • Geographische Geschichte des Menschen und der vierfüßigen Tiere, Leipzig 1778-1783, dous volumes.
  • Über die Kompressibilität und Elastizität des Wassers, Leipzig 1779.
  • Frankreich und die Freistaaten von Nordamerika, Berlín 1795
  • Allgemeine Übersicht Frankreichs von Franz I bis auf Ludwig XVI, Berlin 1800, dous volumes.
  • Taschenbuch der Reisen, Leipzig 1802-13, 12 Jahrgänge.
  • Die Erde und ihre Bewohner, Leipzig 1810-13, cinco volumes.
Remove ads

Abreviatura

A abrteviatura Zimmermann enprégase para recoñecer a Eberhard August Wilhelm von Zimmermann como autoridade na descricíón e taxonomía en zooloxía.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads