Eladio Osorio
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Eladio Osorio Castro, nado en Ruídos (Mazaira, Castro Caldelas) o 2 de decembro de 1943 e finado o 8 de xaneiro de 2025 en Parada de Sil, foi un político galego ligado ao PSdeG-PSOE que foi alcalde de Castro Caldelas durante case tres décadas.
Remove ads
Traxectoria
Concelleiro desde 1979, primeiro como membro da Agrupación de Electores AEICC, foi elixido como concelleiro co PSdeG-PSOE en Castro Caldelas en 1983. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castro Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
Continuou como alcalde tras revalidar a maioría absoluta nas eleccións de 1991 e 1995. En novembro de 1996 perdeu a alcaldía tras presenta-lo PPdeG unha moción de censura co apoio dun tránsfuga socialista.[1] En 1999 recuperaría a alcaldía tras lograr unha axustada maioría absoluta por tan só 19 votos de vantaxe. Revalidaría a alcaldía nos comicios de 2003 cunha ampla maioría absoluta de 7 concelleiros de 9. En 2007 e 2011 foi novamente reelixido por maioría absoluta, con 6 e 5 concelleiros respectivamente. Durante os seus mandatos creáronse varias escolas-obradoiro de Castro Caldelas, construíuse o centro de saúde, pavillón polideportivo, residencia de maiores e restaurouse o castelo da localidade.[2] Tamén se arranxou todo o casco vello e este acadou o recoñecemento como B.I.C. en 1988 (categoría conxunto histórico).
En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído pola súa compañeira Sara Inés Vega.[3]
Remove ads
Vida persoal
Casou con Encarnación Montenegro Figueiras, coa que enviuvou dous anos antes do seu falecemento, no 2025. Tivo catro fillos chamados Eladio, Encarna, Juan Luis e Jose Osorio Montenegro. Tamén tivo tres netos: Maia Osorio Rodríguez (2012), Xoel Osorio Rodríguez (2014) e Jara Osorio Rodríguez (2014).[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads