Eleccións xerais de España de 2023

eleccións xerais do Reino de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Eleccións xerais de España de 2023
Remove ads

As eleccións xerais de España de 2023 celebráronse o domingo 23 de xullo de 2023 para elixir as XV Cortes Xerais do Reino de España.[1] Elixíronse os 350 asentos no Congreso dos Deputados, así como 208 dos 265 asentos no Senado. Foron as décimo sextas eleccións xerais democráticas, as quintas con Filipe VI como rei e as primeiras celebradas nun mes de xullo. Son tamén coñecidas co numerónimo 23-X. Tras estas eleccións comenzará a XV lexislatura de España, na que se elixirá como presidente do goberno de España a quen obteña o apoio de 176 dos 350 membros do Congreso dos Deputados.[2]

Datos rápidos Data, Tipo ...

Nun principio previstas para decembro de 2023,[3] trala celebración das eleccións autonómicas e municipais de maio de 2023, o 29 de maio o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a súa vontade de disolver as Cortes Xerais e adiantar as eleccións ao domingo 23 de xullo.[4][5] A convocatoria de eleccións (Real Decreto 400/2023) foi publicada no Boletín Oficial del Estado o día 30 de maio trala celebración dun Consello de Ministros extraordinario.[1][2]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads