Elie Wiesel

Escritor xudeu estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Elie Wiesel
Remove ads

Eliezer Wiesel, nado en Sighetu Marmației (Reino de Romanía) o 30 de setembro de 1928 e finado en Nova York o 2 de xullo de 2016, foi un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aos 16 anos foi capturado polos alemáns, do mesmo xeito cós demais xudeus do seu pobo. Tras chorar a morte de todos os seus familiares en Auschwitz e Buchenwald, estudou na universidade da Sorbona, en París, e posteriormente traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos de América, onde se estableceu dende 1956.

Thumb
Campo de concentración de Buchenwald. Elie Wiesel atópase na segunda fila de liteiras, o sétimo contando dende a esquerda.
Thumb
Wiesel no Foro Económico Mundial

Autor de tres novelas sobre as súas vivencias durante aqueles anos de represión e morte (La Nuit, L'Aube e Le Jour; publicadas en galego baixo o título de Triloxía da noite), gañou o Premio Nobel da Paz en 1986.

O 16 de maio de 1944, a familia Wiesel, como outras tantas familias xudías, embarcábanse nun tren rumbo ao campo de concentración de Birkenau. "É a primeira parada, logo veñen Auschwitz e Buchenwald. É noite pechada, tebras exteriores ás que son guindadas, xunto a tantos xudeus asasinados ou sobreviventes, as nosas entrañas de humanidade, o noso manancial de profunda compaixón". La Nuit (1956-1958), foi o título que máis fama lle deu.

Nos seus últimos anos de vida, Wiesel xustificou bombardeos por parte do estado de Israel, onde morreron nenos, dicindo que era culpa de Hamas por usalos como escudos humanos. Nunha carta publicada no The New York Times, 327 sobreviventes e descendentes xudeus do Holocausto responderon a Wiesel “indignados pola sua xustificación do inxustificábel”) condenando o masacre de Gaza e, “alarmados pola desumanización racista e extrema dos palestinos na sociedade israelí. (...) O xenocidio comeza co silencio do mundo (...) “Nunca Máis debe significar Nunca Máis para Ninguén.”[1]

Na súa vila natal de Sighetu en Romanía fundou un museo de conmemoración do Holocausto. Xunto á súa esposa, fundou a Elie Wiesel Foundation for Humanity, co propósito de "Combater a indiferenza, a intolerancia e a inxustiza a través do diálogo internacional e programas enfocados á xuventude, que promovan a tolerancia, comprensión e igualdade." [2]. En 2008 desvelouse que o matromonio e a fundación perderan uns 15 millóns de dólares invertindo no esquema Ponzi de Bernard Madoff. [3]

Remove ads

Ensino

Wiesel ocupou o cargo de Andrew Mellon Profesor de Humanidades na Universidade de Boston desde 1976, ensinando nos seus departamentos de Relixión e Filosofía.[4] En 1982 ensinou na Universidade Yale. Tamén co-instruíu os cursos de Winter Term (xaneiro) na Eckerd Facultade, St. Petersburg, Florida. De 1997 a 1999 foi profesor visitante de Estudos Xudaicos no Barnard College da Columbia University.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads