Enchentes en España en 2024

evento de gota fría en 2024 From Wikipedia, the free encyclopedia

Enchentes en España en 2024
Remove ads

As enchentes en España en 2024, tamén coñecidas como gota fría, DINA de 2024 en España ou DINA de Valencia,[1][2] son as denominacións outorgadas á gota fría ou DINA que comezou o 29 de outubro de 2024 en España. A tormenta, designada meteoroloxicamente como sistema convectivo de mesoescala,[3] provocou chuvias torrenciais que acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu o desbordamento de varios ríos e barrancos na vertente mediterránea e unha serie de enchentes lóstrego que foron especialmente catastróficas na provincia de Valencia.[4][5] Segundo datos do 21 de decembro de 2024, a cifra de falecidos ascendía a cando menos 231 persoas, das cales 223 foron na provincia de Valencia, 7 Castela-A Mancha e 1 en Andalucía.[6][7][8][9][10][11][12][13] ademais de numerosos danos materiais, polo que se considera unha das peores catástrofes naturais na historia de España tralas riadas do Vallès Occidental de 1962.[14][15]

Thumb
Informe situacional do Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias.
Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...

A DINA tamén afectou con menor intensidade as provincias de Albacete, Cuenca, Almería, Málaga, Córdoba, Sevilla, Huelva, Cádiz, Zaragoza e Teruel.[16][17][18] O novo leito do río Turia, construído en execución do denominado Plan Sur trala gran riada de 1957, evitou que a cidade de Valencia ficase anegada, conseguindo canalizar con éxito toda a auga cara ao mar sen rebordar. Porén, as localidades situadas ao sur da capital víronse asolagadas polo desbordamento da rambla do Poio, así como a causa de que ao ser zonas altamente urbanizadas se xerase nalgunhas delas un efecto funil que impediu desaugar os torrentes cara a lagoa da Albufeira.[19][20][21] As chuvias acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu enchentes lóstrego.[22][23] Todas as localidades da comarca da Horta Sud resultaron anegadas, así como boa parte das do Camp de Túria e Plana d'Utiel.[24]

Remove ads

Impacto

Concellos afectados

Thumb
Efectos da DINA en Catarroja.
Barranco do Poio en Catarroja despois da DINA.

A 21 de decembro de 2024, os concellos afectados por este episodio de gota fría son oficialmente: 78 municipios (75 na provincia de Valencia, 2 en Castela-A Mancha e 1 en Andalucía). Porén, moitos outros concellos, e doutras provincias, tamén se viron afectados de diferentes maneiras.

O 6 de novembro de 2024 publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-lei 6/2024, de 5 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes de resposta ante os danos causados pola DINA, incluíndo ao final un ANEXO coa listaxe oficial de concellos afectados pola DINA entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024.[25] Entre paréntese indícase o número de falecementos en cada concello, de acordo á análise realizada polo Centro de Integración de Datos constituído pola DINA e publicado o 14 de novembro de 2024 polo Consello Xeral do Poder Xudicial.[26]

Provincia de Valencia

Plana d'Utiel
Camp de Túria
Foia de Bunyol
Horta Sud
Los Serranos
Ribera Alta e Ribera Baixa)
Safor
Valencia cidade (16)
  • Castellar-L'Oliveral
  • Faitanar
  • El Forn d'Alcedo
  • El Palmar
  • Pinedo
  • El Saler
  • La Torre

Provincia de Albacete

Provincia de Cuenca

Provincia de Málaga

Provincia de Sevilla

Provincia de Granada

Provincia de Cádiz

Provincia de Huelva

Provincia de Zaragoza

Provincia de Teruel

Provincia de Castellón

Provincia de Tarragona

Provincia de Barcelona

Provincia de Xirona

Provincia de Almería

Provincia de Murcia

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads