Estado cliente

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un estado cliente é un estado controlado a nivel económico, político ou militar por outro máis poderoso en asuntos internacionais. Trátase dunha relación bilateral, normalmente benéfica e con obrigas mutuas, mais diferentes.[1]

Ao longo da historia, moitos estados practicaron o clientelismo. Fixérono principalmente fronte a países cuxa subordinación podían asegurar sen teren que asumir o custo. Algunhas modalidades son o estado satélite, estado asociado, estado monicreque, neocolonia, protectorado, estado vasalo e estado tributario.

Remove ads

Exemplos

  • Corea (baixo a dinastía Koryo ou Goryeo) foi un estado cliente do Imperio Mongol no século XIII, e do Xapón a finais do século XIX e principios do século XX.
  • O Imperio Otomán tiña varios estados vasalos e estados tributarios, polo xeral localizados na periferia do imperio. Malia estaren baixo soberanía do goberno imperial, este non exercía control directo por diversas razóns. Algúns destes estados serviron como Estados tapón.
  • Os estados principescos da India eran nominalmente soberanos da India británica. Non eran gobernados directamente polo Reino Unido, senón por gobernantes nativos. Seguían un esquema de goberno indirecto, suxeito a unha alianza subsidiaria e a suzeranía da Coroa Británica.[4]
  • Françafrique é o nome co que se coñece a relación de Francia coas súas ex-colonias africanas, e ás veces tamén ás ex-colonias belgas.[5] Nos últimos tempos, o termo é utilizado en ocasións como crítica á presunta relación neocolonial entre Francia e esas ex-colonias. Os países involucrados fornecen petróleo e minerais importantes para a economía gala. Ademais, existen empresas francesas con intereses comerciais en varios países africanos. Aínda por riba, os países francófonos de África axudan a soster a imaxe de Francia como potencia mundial, pois emiten votos de apoio ás iniciativas francesas na ONU.[6]
  • Durante a guerra fría, o termo "estado cliente" adoitaba referirse aos gobernados por réximes autoritarios afíns aos EUA ou á URSS. Cada superpotencia influía nas decisións políticas destes.

Exemplos de estados cliente dos Estados Unidos nese período:

Exemplos de estados cliente da Unión Soviética nese período:

  • Algunhas fontes consideran que Nauru é un estado cliente de Australia, xa que depende en gran medida do seu apoio económico e utiliza o dólar australiano. Tamén alberga chegadas non autorizadas de solicitantes de asilo a Australia conforme a Solución Pacífico.[8] Nunha columna do xornal británico The Guardian, Ben Doherty escribiu:
"Nauru é un estado cliente en todos os sentidos, pois funciona só polo seu veciño rico. Pero a súa dependencia da xenerosidade australiana fai que o seu goberno dependa totalmente dos intereses do benfeitor, mesmo a expensas da súa propia xente".

Amais, describiu Nauru como un "pequeno e empobrecido estado cliente no medio do Océano Pacífico".[9]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads