Estados da antiga Unión Soviética
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Estados da antiga Unión Soviética, Ex repúblicas soviéticas ou Estados postsoviéticos son termos sinónimos utilizados para referirse ás antigas repúblicas que conformaban a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.[1][2]

Despois da caída da Unión Soviética en 1991, esta dividiuse en 15 países independentes, algúns dos cales foran no pasado fundadores da Unión Soviética en decembro de 1922, coa fusión da República Socialista Federativa Soviética de Rusia, República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (actuais Xeorxia, Armenia e Azerbaidján), República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína) e a República Socialista Soviética de Belarús (actual Belarús).
Cada un destes países ten a súa propia cultura e lingua. Porén, a raíz desta unión de máis de medio século mantéñense aínda algúns lazos culturais entre os países independizados; entre outros aspectos resalta o uso do ruso como lingua franca. Así e todo poden citarse casos extremos: Ucraína adoptou o ucraíno como idioma oficial, Letonia require que os seus habitantes aproben un exame en letón para poder adquirir os dereitos da cidadanía da Unión Europea e en Belarús úsase o ruso en case todos os asuntos oficiais.[3]
Algunhas das ex repúblicas soviéticas forman parte da Comunidade de Estados Independentes.
Remove ads
Categorización

Rusia Asia Central Europa Oriental Estados bálticos Cáucaso

1. Armenia; 2. Azerbaidján; 3. Belarús; 4. Estonia;
5. Xeorxia; 6. Kazakhstán; 7. Kirguizistán; 8. Letonia;
9. Lituania; 10. Moldova; 11. Rusia; 12. Tadjiikistán;
13. Turkmenistán; 14. Ucraína; 15. Uzbekistán
Os Estados da antiga Unión Soviética adoitan dividirse tipicamente nos seguintes cinco grupos. Cada rexión ten características culturais, políticas e xeográficas comúns, así como factores na súa relación coa historia de Rusia, a Unión Soviética e a Unión Europea.[4][5][6] [7]
Rusia, debido ao seu papel dominante na rexión, trátase como unha categoría en si mesma, aínda que tamén declarara a súa independencia da Unión Soviética.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads