Euloxio R. Ruibal

autor e director de teatro galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Euloxio R. Ruibal
Remove ads

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Catro por Catro, Mesturanza, Holocausto...).

En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, e foi Arquiveiro-bibliotecario da institución entre 2010 e 2013. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.

Remove ads

Obra

Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (terminoloxía usada seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Teatro

Thumb
E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia.
  • Zardigot (1973, publicada en 1974, Galaxia).
  • O roubo do aparello (1973, traducida ao catalán por Jordi Coca co título de Un Invent Extraordinari).
  • O cabodano (1975, publicada en 1976, Pico Sacro).
  • A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruschetino no derradeiro século da súa vida (1975, Pico Sacro).
  • As falcatrúas do Marqués Patacón (versión libre do anónimo medieval La farce de Maître Pathelin).
  • O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro (1977, Pico Sacro).
  • Azos de esguello (1990, Xerais).[1]
  • Brinquemos ó teatro (1990, Xunta de Galicia). Traducido ao castelán no 1997 en Ediciones de la Torre como Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales.[2]
  • Unha macana de dote (1990, Sotelo Blanco).
  • Teatro mínimo (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • O Son da buguina (1999, Tris Tram).
  • Minimalia. 20 pezas de teatro breve (2004 Universidade da Coruña).
  • Namberguán: guión de cinema (2008, Laiovento).
  • Labirinto da memoria: friso contemporáneo (2010, Toxosoutos).

Narrativa

Thumb

Literatura infanto-xuvenil

Ensaio

  • Compostela na historia (2000, A Nosa Terra).
  • Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior).
  • Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega).
  • Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram).
  • Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).

Poesía

  • Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).

Obras colectivas

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.

Remove ads

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads