Eurocopter EC120 Colibri

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eurocopter EC120 Colibri
Remove ads

O Eurocopter EC120 Colibri (no presente Airbus Helicopters EC120 Colibri) é un helicóptero utilitario lixeiro monomotor de cinco asentos. Deseñado e desenvolvido conxuntamente por Eurocopter, China National Aero-Technology Import & Export Corporation (CATIC), Harbin Aviation Industries (Group) Ltd (HAIG) e Singapore Technologies Aerospace Ltd (STAero) nas instalacións de Eurocopter en Marignane. O EC120B foi montado por Eurocopter en Francia e Australia.[2]

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...

Na China o aparello é producido por Harbin Aircraft Manufacturing Corporation (HAMC) como o HC120.[3] En 2004 HAMC comezou a fabricación local do HC120 na súa liña de montaxe en Harbin, no norte do país. No mercado chinés o aparello foi adquirido tanto polo Exército Popular de Liberación como por distintas forzas policiais locais.[4]

Remove ads

Desenvolvemento

O EC120 Colibri ten a súa orixe no P120, unha proposta do fabricante francés Aérospatiale para substituír os seus helicópteros dun motor Aérospatiale Gazelle e Aérospatiale SA 315B Lama. Durante os anos 80 Aérospatiale buscou socios internacionais cos cales coproducir o P120, incluíndo compañías da China, Singapur e Australia.[5][6] A raíz da represión do goberno chinés polas Protestas da Praza Tian'anmen de 1989 expeculouse a exclusión da participación chinesa no proxecto.[7]

O 20 de outubro de 1992 os tres principais socios do proxecto asinaron un contrato de desenvolvemento do novo helicóptero, o recentemente formado Eurocopter, China National Aero-Technology Import & Export Corporation (CATIC) e Singapore Aerospace Ltd (STAero).[8] No marco do acordo de desenvolvemento conxunto, Eurocopter recibiu un 61% de control de interese e o liderado técnico no programa, CATIC recibiu un 24% do traballo e STAero un 15%; CATIC deseñou e fabricou a estrutura da cabina e o sistema de combustible, STAero produciu a pluma de cola, as portas de acceso e os materiais compostos, mentres que Eurocopter encargouse dos conxuntos dinámicos, a aviónica, os sistemas elecétrico e hidráulico, e realizou a montaxe final.[9] O desenvolvemento do aparello permitiu a Eurocopter ampliar a súa gama para incluír un helicóptero de 1,5 toneladas.[8]

O 9 de xuño de 1995 o primeiro prototipo do EC120 Colibri realizou o seu voo de estrea.[8] En febreiro de 1996 o prototipo acumulara 60 horas de voo e uníuselle un segundo aparello ás probas ese mesmo ano.[10] En febreiro de 1997 o EC120 Colibri lanzouse formalmente no salón Helicopter Association International (HAI) en Anaheim, California;[11] en xuño de 1997 recibíranse máis de 50 pedidos para o modelo.[12] En outubro de 1998 había xa máis de 100 pedidos, levando a Eurocopter a incrementar a produción de catro helicópteros por mes a seis.[13] En 2002 Eurocopter estaba en proceso de establecer unha segunda liña de montaxe para o EC120 nas instalacións de Australian Aerospace en Brisbane.

En setembro de 2003 Eurocopter e China Aviation Industry Corporation II (AVIC II) ampliaron o seu acordo de colaboración para incluír un acordo de coprodución coa subsidiaria de AVIC II Harbin Aircraft Industry Group (HAIG).[14] O 11 de xuño de 2004 asinouse un acordo de produción final; en virtude do mesmo CATIA e HAIG recibían os dereitos exclusivos do mercado na China, e Eurocopter accedeu a parar de vender os EC120 fabricados en Francia no país.[15] En xuño de 2014 o Exército Popular de Liberación converteuse no cliente de lanzamento do HC120 fabricado por Harbin cun pedido de oito unudades e opcións para 50 máis.[15]

O 30 de novembro de 2017 Airbus Helicopters anunciou formalmente o final do programa H120 citando número baixos de entregas. En 2016 só se entregaron cinco H120 en comparación con 63 Robinson R66. Airbus afirmou que se estaba afastando do extremo inferior do espectro e que eses helicópteros non eran tan sofisticados como a súa liña de produtos tradicional.[16]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads