Eusebio da Guarda
empresario e filántropo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi traficante de escravos, empresario e filántropo galego.
Remove ads
Traxectoria
Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante en 1843 co nomeamento de "terceiro piloto". Traballou co armador e traficante de escravos Juan Menéndez Fuertes[1] [2]. Figura co apelido como capitán dun buque negreiro, o falso bergantín portugués nomeado Constante Amizade, capturado polos británicos.[3] Acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.
Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[1] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Os traficantes de escravos caracterizáronse por dedicar parte da súa fortuna a obras filantrópicas: Ramón Plá creou a Fundación Amboage; Antonio López, a Universidade Pontificia Comillas; José Xifré, o hospital de Arenys de Mar... O propio papa Gregorio XVI condenou en 1839 este infame comercio na carta apostólica In supremo apostolatus fastigio.[4] Da Guarda construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[5] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[5][6]
Para Luís Alonso Álvarez: "Da Guarda constitúe o paradigma do traficante galego que abandona as actividades ilegais e inviste nas relacionadas co transporte marítimo e sobre todo na banca".[7]
Remove ads
Vida persoal
Casou con Modesta Goucouría, que anteriormente estivera casada co seu socio Juan Menéndez Fuertes.
Galería

- Retrato de Eusebio da Guarda (1896) por Gumersindo Pardo Reguera.
- Monumento a Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
- CEIP Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
- Igrexa de Santo André.
- Eusebio da Guarda na portada de El Duende, poucas semanas antes do seu pasamento.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads