Real Club Deportivo Fabril

equipo de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Deportivo B, é un equipo de fútbol galego centenario,[2] filial do Deportivo da Coruña. Fundouse o 21 de febreiro de 1914[3][4][5] e na tempada 2023/24 competirá na Segunda División RFEF, cuarta categoría do fútbol español.

Datos rápidos Deportivo Fabril, Nome ...
Remove ads

Historia

O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, despois de quedar segundo do seu grupo. Na primeira eliminatoria eliminou á SD Ponferradina, tocándolle como rival para a seguinte eliminatoria a Gimnástica de Torrelavega. O Fabril venceu por 2-1 na Coruña, mentres que en Torrelavega o resultado foi o mesmo pero gañando o equipo cántabro, polo que se tivo que xogar un partido de desempate. Este encontro disputouse dous días despois no Molinón de Xixón e o resultado foi de empate a 2. Xogouse entón un cuarto partido ao día seguinte para desfacer a igualdade e esta vez acabou en derrota do equipo coruñés, despois de que a Gimnástica remontase con dous goles no último minuto a diana inicial de Pito.[6] Ricardo Badás era o adestrador daquel equipo e nel xogaban entre outros Antonio Giráldez, Manolete, Beci e Pellicer.[7]

Foi nese momento cando o Fabril asinou un acordo definitivo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. Ademais nese intre o Fabril, que daquela estaba presidido por José González Dopeso, fusionouse co Deportivo Xuvenil e cambiou as cores da súa vestimenta ao branco e azul.[8][7]

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador, despois de quedar cuarto na liga e saír vencedor do seu grupo da fase de ascenso, na que conseguiu superar ao Caudal Deportivo, CF Fuenlabrada e SD Almazán. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo da Coruña B. Na 1993-94 rematou segundo do seu grupo, a un punto do campión, o Bergantiños. Xogou entón a fase de ascenso quedando encadrado nun grupo co Atlético Bembibre, o Club Deportivo Lealtad e o Real Aranjuez, sendo este último o que conseguiu finalmente o ascenso.

Foi na tempada 1994-95 cando o Deportivo B volveu ascender a Segunda B, tras quedar cuarto na liga regular e ser o dominador do seu grupo na fase de ascenso, gañando 4 dos seis partidos que disputou contra os seus rivais, que foron Rayo Majadahonda, Atlético Bembibre e Caudal Deportivo. Ao ano seguinte, na que era a súa segunda tempada na categoría, o equipo acabou no quinto posto, e na edición seguinte, a 1996–97, conseguiu meterse na fase de ascenso, despois de rematar en cuarta posición. Quedou encadrado co Elche, Córdoba e Barakaldo pero só conseguiu gañar dous dos seis partidos. Na 1997–98 xogou de novo a liguiña de ascenso a Segunda División, tras rematar 3º. Enfrontouse ao Recreativo de Huelva, ao Espanyol B e de novo ao Barakaldo, sendo este último o único ao que logrou vencer nun dos encontros.

Thumb
Xogadores do Fabril en 2016.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. Xogou dúas novas fases de ascenso nas tempadas 2002-03 e 2003-04, pero non logrou ascender. Tampouco o conseguiu na 2005-06 a pesar de ter sido campión da categoría. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar o CD Anguiano e ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Thumb
Encontro disputado entre o Deportivo da Coruña B e o CDA Navalcarnero.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División. Xogou unha nova fase de ascenso na 2012-13 sen conseguir subir e na tempada seguinte acabou en 9ª posición. A continuación disputou outras tres promocións nas tres tempadas seguintes, acadando o ascenso na última delas, a 2016-17, na que foi campión e conseguiu vencer ao Club Polideportivo Cacereño no play off.[9]

O 10 de xullo de 2017 o equipo recuperou o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[10] Na primeira tempada da súa nova etapa en Segunda B, tivo como adestrador a Cristóbal Parralo, e dende outubro a Gustavo Munúa, despois de que Parralo se convertese en adestrador do primeiro equipo. O Fabril rematou ese ano subcampión do seu grupo e disputou a fase de ascenso, pero quedou eliminado na primeira eliminatoria fronte ao Extremadura UD.[11] Foi con todo, o mellor resultado histórico do club.

Na tempada seguinte volveu descender á Terceira División despois dun mal ano no que o club tivo tres adestradores diferentes: Tito Ramallo, Sergio Pellicer e Luisito.[12] Este último continuou na tempada 2019-20 na que o equipo ocupaba a sétima praza cando a liga foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.[13]

Nomes do club

  • Fabril Foot-ball Club (1914–1926)
  • Sporting Fabril (1926–1941)
  • Fabril Sociedad Deportiva (1941–1964)
  • Fabril Deportivo (1964–1993)
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017)
  • Real Club Deportivo Fabril (2017– )
Remove ads

Estadio

O Fabril xoga habitualmente no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

Datos do club

Historial na liga

Máis información Tempada, Categoría ...
Remove ads

Xogadores

Cadro actual

Datos do 10 de xaneiro de 2023[14]
Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Adestradores

Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Torneos amigables

  • Trofeo Cidade de Betanzos (2): 2007, 2009
  • Torneo Victoria - Memorial Moncho Rivera (2): 2011, 2013
  • Trofeo Sporting Sada (1): 2009
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
  • Trofeo de Vimianzo (1): 2010
  • Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
  • Inauguración Campo Novo de Curtis (1): 2010
  • Memorial Manolo Martín (1): 2012
  • Trofeo President (1): 2013
  • Memorial Luis de Carlos (1): 2015
  • Memorial Esteban Lareo (1): 2015[22]
  • Trofeo Vila de Foz (1): 2015
  • Torneo 'tres en uno' en Viveiro (1) 2017
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads