Fagus

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Fagus
Remove ads

Fagus é un xénero con dez especies de árbores caducifolias da familia das fagáceas nativas das zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte chamadas comunmente faias. As formacións de faias denomínanse faiais[2]

Máis información Faias (xénero Fagus), Clasificación científica ...

En Galiza só atopamos unha especie, a faia europea, que soamente ocupa as serras orientais do país.

Remove ads

Descrición

As follas son enteiras ou escasamente dentadas, de 5 a 15 cm de longo e de 4 a 10 cm de ancho, magras. A flor, é miúda e dun só sexo, polinizada polo vento (véxase anemofilia). Florea na primavera, un chisco despois de apareceren as follas. O froito, a noz de faia, é miúdo (de 10 a 15 mm de longo), contendo en pares, en cascas, e comestíbel, aínda que agre se está cru, cun alto contido de tanino; torrado ten un sabor que lembra ao das abelás.

Remove ads

Galiza

En Galiza só aparece unha especie, a faia europea (Fagus sylvatica), mais é escasa quizais porque ten aquí o seu límite sur de distribución, quizais porque se explotaron antano para a fabricación dos remos, temóns e taboleiros exteriores para o fondo dos navíos da Armada Española, ao ter unha madeira que non podrece. Non obstante, a partir do século XVIII a maioría das faias utilizadas eran de Navarra e Biscaia. Tamén a madeira de faia se utilizaba para fabricar os instrumentos de labor, carretas, toneis, cadeiras e caixas e, na actualidade, úsase en ebanistaría, carpintaría e fabricación de chans.[3].

Tamén se emprega en xardinaxe pola beleza do seu porte e mais da súa follaxe outoniza, atopando bos exemplares no Parque de Castrelos de Vigo.

Remove ads

Etimoloxía

Thumb
Faias de toros tortos á beira dunha canle.
Thumb
Faia europea.

O nome galego de faia provén do nome latino e xenérico fagus, que á súa vez provén do grego phagos, “comer”, aludindo froitos nutritivos.

Especies

  • Fagus crenata Bl. (sin. Fagus sieboldii Endl.) - faia xaponesa
  • Fagus engleriana
  • Fagus grandifolia Ehrh. - faia americana
    • Fagus grandifolia subsp. grandifolia
    • Fagus grandifolia subsp. mexicana
  • Fagus hayatae
  • Fagus japonica
  • Fagus longipetiolata
  • Fagus lucida
  • Fagus mexicana
  • Fagus orientalis - faia oriental
  • Fagus sylvatica L. - faia, faia común, faia europea
    • Fagus sylvatica tortuosa
    • Grupo de Fagus sylvatica 'Pendula' - faias choronas
    • Grupo de Fagus sylvatica 'Purpurea' - faias rubias ou púrpuras
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads