Lingua persa
lingua indoeuropea falada en Irán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O persa ou parsi[1] (فارسی, fārsī) é unha lingua irania occidental, pertencente á rama das linguas iranias da subdivisión das linguas indoiranias da familia indoeuropea. O persa é unha lingua pluricéntrica falada e usada oficialmente en Irán, Afganistán e Tadjiikistán en tres variedades estandarizadas mutuamente intelixibles, chamadas persa iraniano (coñecida oficialmente como persa),[2][3][4] persa dari (coñecida oficialmente como dari dende 1964)[5] e persa taxico (coñecida oficialmente como taxico dende 1999).[6][7] Tamén é falada nativamente na variedade taxica por unha poboación significativa dentro de Uzbekistán,[8][9][10] así como noutras rexións cunha historia dentro da esfera cultural do Grande Irán. Escríbese oficialmente dentro de Irán e Afganistán co alfabeto persa, unha derivación da escritura árabe, e dentro de Tadjiikistán co alfabeto taxico, unha derivación do alfabeto cirílico.
O persa moderno é unha continuación do persa medio, unha lingua oficial durante o Imperio Sasánida (224–651), que á súa vez é unha continuación do persa antigo, que foi usado durante o Imperio Aqueménida (550–330 BCE).[11][12] Orixinouse na provincia da Fars (rexión de Persia) no suroeste de Irán.[13] A súa gramática é semellante á de moitas linguas europeas.[14]
Ao longo da historia, o persa foi considerado prestixioso por varios imperios centrados en Asia Occidental, Asia Central e Asia Meridional.[15] O persa antigo está testemuñado no antigo cuneiforme persa en inscricións de entre os séculos VI e IV a.C. O persa medio está testemuñado en alfabeto arameo (pahlavi e maniqueo) nas inscricións do zoroastrismo e do maniqueísmo entre os séculos III e X. A nova literatura persa rexistrouse por primeira vez no século IX, despois da conquista musulmá de Persia, adoptando dende entón a escritura persoárabe.[16]
O persa foi a primeira lingua en romper o monopolio do árabe na escritura do mundo musulmán, sendo a poesía persa unha tradición en moitas cortes orientais.[15] Como afirmou o erudito británico David G. Hogarth, "Nunca un cativo capturou ao seu captor dunha maneira máis rápida e sutil que o árabe por Persia".[17] Foi usado oficialmente como lingua da burocracia incluso por falantes non nativos, como os otománs en Anatolia,[18] os mogois no sur de Asia e os paxtos en Afganistán. Influíu nas linguas faladas nas rexións veciñas e mesmo máis aló, incluíndo outras linguas iranias, as linguas turcas, o armenio, o xeorxiano e as linguas indoarias. Tamén exerceu certa influencia no árabe,[19] ao tempo que tomou prestado moito vocabulario durante a Idade Media.[11][14][20][21][22][23]
Hai aproximadamente 110 millóns de falantes de persa en todo o mundo, incluíndo persas, luris, taxicos, hazaras, azarís iranianos, kurdos de Irán, baluchis, tats e aimaqs. O termo persófono tamén se pode usar para referirse a un falante de persa.[24][25]
Remove ads
Clasificación
O persa é membro do grupo iranio occidental das linguas iranias, que constitúen unha rama das linguas indoeuropeas na súa subdivisión indoirania. As propias linguas iranias occidentais divídense en dous subgrupos: as linguas iranias do suroeste, das que o persa é a máis falada, e as linguas iranias do noroeste, das que o kurdo e o baluchi son as máis faladas.[26]
Ortografía
Aínda que utiliza o mesmo alfabeto árabe que a lingua árabe, o persa engade 4 letras, e cambia a forma doutras 2. As 4 letras adicionais no persa son:
| Son | Forma | Nome en Unicode |
| /p/ | پ | Peh |
| /ʧ/ (ch) | چ | Tcheh |
| /ʒ/ (zh) | ژ | Jeh |
| /ɡ/ | گ | Gaf |
As letras con forma diferente son:
| son | letra árabe orixinal | letra persa modificada | nome |
| /k/ | ك | ک | Kaf |
| /j/ y /i:/, ou raramente /a:/ | ي / ى | ی | Ye |
As marcas diacríticas que se utilizan no alfabeto árabe ou harakat, úsanse tamén para o persa, aínda que algunhas delas teñen distinta pronunciación. Por exemplo, en árabe Damma pronúnciase como /u/, mentres que en persa se pronuncia coma /o/.
O alfabeto persa tamén engade a noción de pseudo-espazo ao alfabeto árabe, chamado Zero Width Non-Joiner (ZWNJ) co estándar Unicode. Actúa coma un espazo que desconecta dúas letras adxacentes que, doutra banda, estarían xuntas, pero non ten unha extensión visual.
Outra característica remarcable é que moitas palabras persas con raíz de procedencia árabe se escriben de distinta forma que a palabra árabe da que proceden. Alef con Hamza debaixo (إ) sempre cambia a Alef (ا), Te Marbuta (ة) normalmente, pero non sempre, cambia a Te (ت) ou He (ه), e as palabras que utilizan varias hamzas escríbense con outro tipo de hamza (coma مسؤول que se converte en مسئول).
Outras linguas coma o paxtó ou o urdú asimilaron esas nocións e, en ocasións, estendéronas con novas letras ou signos de puntuación.
Remove ads
Fonoloxía
O contraste funcional entre vogais parece radicar entre as longas {/i:/, /u:/, /ɑ:/} e as curtas {/e/, /o/, /æ/}. Polo tanto, parece posible representar as vogais coma segue {/i:/, /u:/, /a:/} y {/i/, /u/, /a/}. Tamén nótese que /tʃ/ e /dʒ/ son africadas, non oclusivas. O siguinte cadro é unha adaptación de Structural Sketch of Persian Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.. Pode que el lector necesite caracteres do A.F.I. para ver caracteres fonéticos.
anteriores |
posteriores | |
| pechadas | i: |
u: |
| medias | e |
o |
| abertas | æ |
ɑ: |
Consoantes
labial |
alveolares |
palatais |
velares | glotais | |
| xordas oclusivas | p |
t |
tʃ | k |
ʔ |
| sonoras oclusivas | b |
d |
dʒ | g |
|
| xordas fricativas | f |
s |
ʃ | x |
h |
| sonoras fricativas | v |
z |
ʒ | ɣ |
|
| nasais | m |
n |
|||
| líquidas | l, r |
||||
| semivogais | j |
Exemplos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

