Fenol

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Fenol
Remove ads

O fenol é un sólido cristalino de cor branca a temperatura ambiente. A súa fórmula química é C6H5OH, e ten un punto de fusión de 43 °C e un punto de ebulición de 182 °C. O fenol é un alcohol que pode producirse mediante a oxidación parcial do benceno.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

O fenol é unha substancia manufacturada. En forma pura, o fenol é un sólido branco-incoloro. O produto comercial é un líquido. Pódese detectar o sabor e o cheiro do fenol a niveis máis baixos que os asociados con efectos nocivos. O fenol evapórase máis lentamente que a auga e unha pequena cantidade pode formar unha solución con auga. O fenol inflámase facilmente, é corrosivo e os seus gases son explosivos en contacto có lume.

O fenol úsase principalmente na produción de resinas fenólicas. Tamén se usa na manufactura de nailon e outras fibras sintéticas. O fenol úsase tamén en produtos químicos para matar bacterias e fungos, coma desinfectante, antiséptico, para combater a acne, para producir agroquímicos, policarbonato, no proceso de fabricación de ácido acetil salicílico (aspirina) e en preparacións médicas.

Antigamente coñecíase co nome de ácido fénico.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads