Ferrari 312

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ferrari 312
Remove ads

Ferrari 312 é o nome de varios coches de carreiras de Ferrari diferentes que teñen motores de 3 litros e 12 cilindros. Este artigo é sobre o coche de Fórmula Un que correu desde 1966-1969. Outros coches co mesmo número inclúe os coches de F1 312B, 312T e os coches deportivos 312P e 312PB.

Máis información Información ...

O Ferrari 312 foi un coche de carreiras utilizado na Fórmula Un de 1966 a 1969, deseñado por Mauro Forghieri.

Para a tempada de Fórmula Un de 1966, produciuse un cambio nas normas técnicas, que permitía os motores de 3.000 cm³. Os equipos de F1, a pesar de pedir "o regreso da potencia", foron máis ou menos sorprendidos e non estaban preparados.

Thumb
Ferrari 312 (Lorenzo Bandini) no Gran Premio de Alemaña de 1966

O primeiro Ferrari de 1966 consistiu nun coche de 3´3 litros con motor V12 que foi tomado do prototipo deportivo Ferrari 275P2, modificado a 3000cc, e montado na parte posterior dun chasis de F1. A designación 312, se utilizou para varios de automóbiles posteriores, indica un 3 litros, e un motor de 12 cilindros. O motor era bastante pesado, e debido á reducida capacidade, inferior en potencia e no par motor en particular. John Surtees pilotou este vehículo, sen éxito, en Mónaco, mentres que Lorenzo Bandini fíxoo cun Ferrari Dino de 2´5 litros V6. Surtees gañou a segunda carreira, o Gran Premio de Bélxica de 1966, unha pista de que favorecía a potencia coas súas longas rectas, pero o campión do 64 partiu logo dunha discusión co xerente Eugenio Dragoni. A discusión era acerca das prioridades nas carreiras, xa que Ferrari estaba baixo presión de Ford no automobilismo deportivo, e descoidou un pouco a F1. Mike Parkes substituíu a Surtees, quen foi a Cooper, que utilizaba motores Maserati, para terminar segundo no campionato de pilotos cunha vitoria máis. Ferrari, tamén gañou unha carreira con Ludovico Scarfiotti, o Gran Premio de Italia de 1966 en Monza, o que axudou a Ferrari a acabar segundo no Campionato de Construtores.

En 1967, o equipo despediu a Dragoni e substituíuno por Franco Lini. Chris Amon acompañou a Bandini para pilotar unha versión do coche V12 de 1966 algo mellorada. No Gran Premio de Mónaco de 1967, Bandini estrelouse e sufriu feridas graves cando foi atrapado baixo o seu coche en chamas, faleceu tres días máis tarde debido ás súas feridas. Ferrari re-contratou a Mike Parkes, pero Parkes sufriu lesións semanas máis tarde no Gran Premio de Bélxica de 1967. Un accidente fatal, outro accidente grave, ningún Gra Premio gañado e só 5º posto no Campionato de Construtores foi un ano malo para os italianos. Ademais, o novo motor Ford Cosworth que debutou no Lotus 49 dominaría a F1 nos 15 próximos anos.

A tempada 1968 foi un pouco mellor. O novo talento Jacky Ickx gañou o chuvioso Gran Premio de Francia de 1968 grazas ás súas habilidades de condución, pero tivo poucos éxitos máis. As cousas complicáronse durante a tempada pola introdución de axudas aerodinámicas na F1, e o seu rápido desenvolvemento. Ao final da tempada, a Scuderia foi só cuarta no Campionato de Construtores, e tampouco triunfou nas carreiras de autos deportivos nas que Ferrari non participou en 1968. Franco Lini deixar dimitiu, e Ickx, marchou a Brabham. Para prever o futuro, durante o verán de 1968, Ferrari chegou a un acordo para vender o seu negocio de automóbiles de turismo á Fiat por 11 millóns de dólares, a transacción tivo lugar a principios de 1969, deixando o 50% do negocio aínda baixo o control de Ferrari.

En 1969 Enzo Ferrari dedicouse a gastar sabiamente a súa nova riqueza para sacar adiante ao seu equipo, aínda que Ferrari fíxoo competir na Fórmula Un en 1969, foi unha tempada de usar e tirar, mentres o equipo reestruturábase. Amón continuou pilotando un modelo máis antigo e Pedro Rodríguez tomou o posto de Ickx, ao final do ano Amon abandonou o equipo, que de novo non gañou ningún Gran Premio e ocupou só o quinto posto no Campionato Mundial de Construtores.

O coche foi substituído polo 312B, que foi presentado na tempada de Fórmula Un de 1970.

Remove ads

Popularidade

En 2011, TheF1Times.com cualificou o 312 como "O coche de Fórmula Un máis belo de todos os tempos", afirmando que "O Ferrari 312 mantense nalgunhas opinións, como un dos coches máis esteticamente agradables da Fórmula Un non só da década de 1960, senón de todos os tempos " [1]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads